Quinto Aurelio Símaco (en latín: Quintus Aurelius Symmachus), foi un senador romano do século V, pertencente á familia dos Símaco.
Traxectoria
No 446, foi nomeado cónsul para a corte occidental, xunto con Aecio.
Probablemente era fillo de Quinto Fabio Memio Símaco (Quintus Fabianus Memmius Symmachus) e, polo tanto, neto do orador Quinto Aurelio Símaco). Casou con Rusticiana, e foi pai de Quinto Aurelio Memio Símaco, que tamén foi cónsul no 485.[1][2]
Quizais debería identificarse co Símaco a quen Macrobio Ambrosio Theodosio dedicou o tratado De differentis vel societatibus graeci latinique verbi.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Jones, Arnold Hugh Martin; Martindale, John Robert; Morris, John (1971). "Q. Aurelius Symmachus". Prosopography of the Later Roman Empire (en inglés) I. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-20159-4.