O quenya (pronunciado [ˈkʷɛn.ja]),[1] é unha das linguas ficticias inventadas por J. R. R. Tolkien e a usada polos elfos na súa saga literaria da Terra Media. Tolkien comezou a desenvolver a lingua dende 1910 e reestruturou a gramática varias veces até que o quenya alcanzou o seu estado final. O vocabulario permaneceu relativamente estable ó longo do proceso de creación. Ademais, o nome da lingua foi cambiado repetidamente por Tolkien, de elfin e qenya a quenya. A lingua finesa foi a principal fonte de inspiración, mais Tolkien tamén estaba familiarizado latín, co grego e coas linguas xermánicas antigas cando comezou a construír o quenya.
O corpus de textos que constitúen as fontes de coñecemento actual sobre o quenya inclúen o poema Namárië, coñecido como O lamento de Galadriel, o texto orixinal máis extenso nesta lingua, extraído da obra capital de Tolkien: O Señor dos Aneis.
Coñécese a existencia do quenya polo menos desde a primeira guerra mundial, cando Tolkien tiña pouco máis de vinte anos. A lingua foi desenvolvida ó longo da vida de Tolkien, acadando unha etapa que algúns estudosos cualifican como "madura" a partir de O Señor dos Aneis. Tolkien quixo dar unha aparencia de lingua clásica ó quenya, de xeito que intentou que tivese unha semellanza visual co latín, o que conseguiu en certo modo usando unha forma característica de transcribir o quenya ó noso alfabeto. Os dous inspiradores do quenya son pois, o latín, e o finés, sendo posible tamén algunha influencia do galés e do grego, como no caso do xenitivo plural -on e o nexo "nai" (que), posiblemente do grego "na". Todas estas influencias non foron directas de ningún modo, pois non xeraron vocabulario. Máis ben trátase dunha inspiración estética moi forte en Tolkien, - "fonoestética" segundo el mesmo.
Estrutura
Fonética: Conta con 36 fonemas consonánticos, 1 semiconsonántico, 2 ditongais e 10 vocálicos, estes últimos dividíndose, sobre os mesmos timbres, en vogais curtas e longas.
Escrita: Tolkien desenvolveu a escritaTengwar para a maioría das linguas da Terra Media, aínda que tamén empregou para algunhas un alfabeto rúnico, baseado no aspecto do anglosaxón. É un tipo de escrita considerada moi fermosa, e está descrita polo seu autor nos anexos d'O Señor dos Aneis.
Sistema verbal: Existen tres modos verbais en quenya: indicativo, imperativo e subxuntivo. O primeiro evidencia os tempos de aoristopresente, futuro, pasado simple e pasado perfecto, sospeitándose igualmente outros tempos, sen quedar pechado definitivamente o catálogo dos mesmos. O imperativo e o subxuntivo constrúense de forma analítica. A parte do modo e o tempo, os verbos quenya contan cos accidentes de número e persoa. Outras características interesantes son a existencia de verbos compostos mediante preposicións, ou a construción de formas de frecuentativo por reduplicación do radical verbal.
Sintaxe: A orde non marcada en quenya é SVO (suxeito-verbo-obxecto) con bastante liberdade posicional debido ó uso de casos.
Exemplo de texto en quenya:O Noso Pai, traducido por Tolkien, publicado no número 43 da revista Vinyar Tengwar e en castelán pola revista Axxón:
Átaremma i ëa han ëa na aire esselya aranielya na tuluva na care indómelya cemende tambe Erumande ámen anta síra ilaurëa massamma ar ámen apsene úcaremmar sív' emme apsenet tien i úcarer emmen. Álame tulya úsahtienna mal áme etelehta ulcullo násie.
Fonética
Vogais
O quenya ten 10 vogais básicas, diferenciadas tanto como en lonxitude como en calidade. Estas vogais son:
a : [a]
á : [aː]
e : [ɛ]
é : [eː]
i : [i]
í : [iː]
o : [ɔ]
ó : [oː]
u : [u]
ú : [uː]
Consoantes
Pronúncianse como en galego, agás as seguintes:
h : [h] ó inicio da palabra ou entre vogais, [ç] tras e ou i, [x] nos demais casos
qu : [kʷ]
nw : [nʷ]
ng o ñ : [ŋ]
ngw : [ŋʷ]
hy : [ç]
hw : [ʍ]
ty : [c]
ly : [ʎ]
ny : [ɲ]
Acentuación
As palabras en negra son termos en quenya
A sílaba tónica non se marca de forma gráfica (o til indica o alongamento da vogal na transcrición en alfabeto latino), senón que obedece ás regras de prosodia:
. As palabras bisilábicas adoitan ser graves, como: QUENdi (elfos), FIrë (Home mortal). O único exemplo contrario parece ser a forma imperativa avá.
. As palabras de tres ou máis sílabas son esdrúxulas cando a penúltima sílaba é curta e graves se esta é longa, como: yo-ME-ni-ë (reunión), otorNASsë (irmandade), avaNÓtë (innumerable), enDÓrë (Terra media).
Considéranse longas as sílabas con:
vogais acentuadas
ditongos (que en quenya só son: ai, ei, oi, ui, au, eu, iu)
vogais curtas seguidas de dúas consoantes.
Elisión
Cando unha palabra quenya termina en -a e a seguinte empeza por vogal, o -a pode desaparecer, e ambas palabras pronúncianse como unha. En caracteres latinos represéntase mediante un apóstrofo. Elen síla lumenn'omentielvo (Unha estrela brilla na hora do noso encontro; A Irmandade do Anel).
Gramática
O quenya é un idioma flexivo, o que significa que a función da palabra na frase ou caso gramatical está determinada por unha serie de afixos. As seguintes táboas amosan as inflexións.
O quenya conta con tres tipos de verbos, de acordo á súa terminación: en -a, en -u ou en consoantes, os así chamados "verbos primitivos"; tamén se poden distinguir cinco tempos (presente, aoristo, pasado, futuro e perfecto). A conxugación fórmase por aglutinación, cunha orde de VSO; o suxeito pode ir implícito se xa está explicitado cun pronome separado ou se é expreso. O obxecto vai separado se o pronome tamén o está.
↑Tolkien escribiu en "Outline of Phonology" (en Parma Eldalamberon 19, p. 74) sobre a fonoloxía do quenya: ⟨ny⟩ é "un son como o de new en inglés". En quenya, ⟨ny⟩ é unha combinación de consoantes, ibídem., p. 81.
Pesch, Helmut W. (2003). Elbisch. Grammatik, Schrift und Wörterbuch der Elbensprache von J. R. R. Tolkien(en alemán). Bastei Lübbe. ISBN3-404-20476-X.
Solopova, Elizabeth (2009). Languages, Myths and History: An Introduction to the Linguistic and Literary Background of J.R.R. Tolkien's Fiction. New York City: North Landing Books. ISBN0-9816607-1-1.
Bibliografía adicional
Appleyard, Anthony (1992). "Quenya Grammar Re-Examined". Quettar 43, pp. 3–21.
Derzhanski, Ivan A (1997). "E man i yulma oi enquanta men?" Vinyar Tengwar 38, pp. 14–18.
Foster, Robert e Glen GoodKnight (1971). "Sindarin and Quenya Phonology". Mythcon I: Proceedings, 54–56. Os Ánxeles: Mythopoeic Society.
Gilson, Christopher e Carl F. Hostetter (1994). "The entu, ensi, enta Declension: A Preliminary Analysis". Vinyar Tengwar 36, pp. 7–29.
Gilson, Christopher e Patrick Wynne (1991). "The Elves at Koivienéni: A New Quenya Sentence". Mythlore 17(3), pp. 23–30.
Hostetter, Carl F (1992). ""Si man i-yulmar n(g)win enquatuva": A Newly-Discovered Tengwar Inscription". Vinyar Tengwar 21, pp. 6–10.
Hostetter, Carl F. (2006). "Qenyaqetsa: The Qenya Phonology and Lexicon". En Drout, Michael D. C.J. R. R. Tolkien Encyclopedia: Scholarship and Critical Assessment. New York: Routledge. pp. 551–52. ISBN0-415-96942-5.
Kloczko, Edward (1995). Dictionnaire des langues elfiques, volume 1 (Quenya-Français-Anglais/Quenya-French-English). Toulon: Tamise.
Rautala, Helena (1993). "Familiarity and Distance: Quenya's Relation to Finnish '". En Battarbee, K. J. Scholarship and Fantasy: Proceedings Of The Tolkien Phenomenon, May 1992, Turku, Finland. Turku: Universidade de Turku. pp. 21–31. ISBN951-29-0087-4.
Welden, Bill (2001). "Negation in Quenya". Vinyar Tengwar 42, pp. 32–34.
Wynne, Patrick H. e Christopher Gilson (1993). "Trees of Silver and of Gold: A Guide to the Koiveinéni Manuscript". Vinyar Tengwar 27, pp. 7–42.