Pé das Burgas é unha colección de relatos en lingua galega escritos por Francisco Álvarez de Nóvoa publicada en 1896. Conta con vinte e tres relatos máis un texto introdutorio do propio autor.
Contos
"O louco"
"Na costa"
"Que senón"
"Turuleque"
"A nai"
"A garda da morte"
"A posta dos corvos"
"Unha agonía"
"A horta embruxada"
"Os caneiros"
"A lámpada rosa"
"Chuvia"
"Soa"
"No Miño"
"Anémica"
"Abandonado"
"Unha frase"
"De Entroido"
"A codia"
"Redimido"
"¡Tanto ten!"
"O Paraíso"
"Paisaxe"
"A goleta"
Narración
Os relatos foron escritos entre 1895 e 1896, cando o autor contaba 22 anos. Na introdución Álvarez de Nóvoa defende a creación dunha Academia que unifique os criterios ortográficos da lingua. Utiliza un léxico culto, sen vulgarismos nin dialectalismos, ademais de empregar uns termos técnicos de ámbitos como o mariñeiro. Con todo, tamén usa neoloxismos propios de finais do século XIX, como os galicismos "corsé" ou "bibelot".