Purificación Mayobre Rodríguez, nada na Coruña o 5 de xaneiro de 1952, é unha profesora universitaria, filósofa, escritora e militante feminista galega.
Traxectoria
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela. É docente na Universidade de Vigo, no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía.
En 2014 recibiu o premio Uviguala, xunto con Beatriz Suárez Briones, en recoñecemento ao " seu compromiso coa loita da igualdade entre homes e mulleres".[1] Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.[2]
Obras
- A Cultura filosófica en Santiago de Compostela no século XIX (o debate de ideoloxías), 1982.
- Debates ideolóxicos na Compostela do XIX, 1985.
- O krausismo en Galicia e Portugal, 1994.
- Xénero e política. Comportamiento electoral e participación social da muller (1979-1993), 1997.
- A cuestión de xénero e a marxinación. Servicios sociais e recursos específicos para a muller, 1997.
- Luce Irigaray, 2004.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas