Pequena árbore non pioneira, con altura máxima de 9 metros e copa rara. Perennifolia, vive en ambientes húmidos e iluminados.[6]
O tronco tortuoso ten casca lisa que descama en placas finas. As follas son coriáceas e glabras, con até 10 cm de lonxitude. As flores son axilares, solitarias, brancas, e aparecen fundamentalmente na primavera e verán.[7]
Os froitos son bagas arredondadas, coroadas polo cáliz persistente, de polpa suculenta esbrancuxada, semellantes a unha goiaba pequena e de sabor máis acedo. Aparecen entre o outono e o inverno[7]. Os arazás pódense comer crus ou procesados de diversas maneiras.[8]
Na variedadePsidium cattleyanum var. cattleyanum, os froitos son vermellos, mentres que P. cattleyanum var. litorale ten froitos amarelos[7].
As sementes son dispersadas por animais, principalmente paxaros e mamíferos.[8]
↑Lorenzi, Harri: Árvores brasileiras: manual de identificação e cultivo de plantas arbóreas do Brasil, vol. 1. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002, 4a. edição. ISBN 85-86174-16-X