Psicanálise

A psicanálise é unha disciplina fundada por Sigmund Freud que agrupa tres tipos de reflexións e de estudos:

  • un conxunto de teorías nacidos da experiencia analítica, a metapsicoloxía;
  • unha serie de métodos de investigación das significations inconscientes da lingua, do comportamento ou das producións da imaxinación;
  • unha psicoterapia, a cura psicanalítica.

A psicanálise, como disciplina creada para tratar enfermidades mentais, baséase na revelación do inconsciente. O seu campo de acción é o da psicoterapia que procura elucidar a través dun proceso de asociacións as conexións entre os compoñentes inconscientes dos procesos mentais dos pacientes.

Na psicanálise clásica, a materia fundamental da psicanálise son os patróns inconscientes da vida conforme son revelados a través das asociacións libres do analizando. A meta última é axudar a liberalo das barreiras de resistencia ou transferencia, inconscientes ou non examinadas. Para isto o analista rastrexa os patróns de relacións que deixaron de funcionar ou inhiben a liberdade do paciente.


O método básico é a asociación libre. O paciente ou analizando, nun ambiente relaxado, nun sofá ou nun diván, é invitado a falar sobre o que queira. Os desexos, os soños, as lembranzas da infancia, as fantasías son especialmente interesantes para o analista que mantén unha actitude de neutralidade empática, escoitando e intervindo cando o coida conveniente, para reconsiderar unha parte do discurso do paciente, para comentar ou volver sobre algo do xa dito.

Máis recentemente, algunhas formas de psicanálise procuran, entre outras cousas, axudar os pacientes a gañar autoestima ou a ter unha maior confianza en si mesmos, sobrelevar o medo da morte e os seus efectos no comportamento e manter relacións que poden parecer incompatibles.

Historia

A historia da psicanálise comeza cos traballos de Sigmund Freud, un neurólogo interesado en atopar un tratamento efectivo para pacientes con síntomas neuróticos ou histéricos en Viena (Austria) na década de 1890. Da consulta cos seus pacientes, Freud chegou a postular que os seus problemas nacían de desexos e fantasías sexuais socialmente inaceptables e polo tanto reprimidos e inconscientes. A medida que foi desenvolvendo a súa teoría incluiría así mesmo desexos e fantasías de natureza agresiva. Freud consideraba estes aspectos da vida pulsións instintivas, enerxía libidinal, os instintos de Eros e Tánatos. O concepto freudiano de Eros/Libido abranguía todos os instintos creativos e sostedores da vida. O instinto da morte representaba o impulso de regreso ó estado de calma, de non-existencia. Desde os tempos de Freud, a psicanálise desenvolveuse de moitas formas, en especial, como estudo do sentido persoal, interpersoal e intersubxectivo do eu.

As escolas de psicanálise máis destacadas inclúen: a psicoloxía do ego ("ego psychology"), que pon de relevo os mecanismos e as fantasías inconscientes; a psicoloxía do self ("self psychology"), que enfatiza o desenvolvemento dun sentido estable do eu a través do contacto mutuamente empático con outros humanos; a psicanálise lacaniana, que integra a psicanálise coa semiótica e coa filosofía hegeliana; a psicoloxía analítica, que ten unha aproximación máis espiritual; a teoría de relacións obxectuais ("object relations theory"), que acentúa a dinámica das relacións dun cos outros tal e como son internalizados e adoptados nas súas fantasías; a psicanálise interpersoal, que destaca os matices e calidades das interaccións interpersoais; e a psicanálise relacional, que combina a psicanálise interpersoal coa teoría de relacións obxectuais. Aínda que todas estas escolas teñen diferentes teorías, en xeral todas continúan subliñando a influencia do autoengano e do pasado persoal sobre a súa vida mental actual.

Teorías

A psicanálise é teoricamente moi diversa. A meirande parte dos analistas usa algún dos seguintes modelos psicanalíticos da mente.

O modelo topográfico

O modelo topográfico da mente elaborouse para axudar os analistas a entender como os pacientes reprimían desexos, fantasías e pensamentos. No modelo topográfico, a mente está dividida en tres sistemas: o consciente, o preconsciente e o inconsciente. O sistema consciente inclúe todo aquilo do que somos conscientes nas nosas mentes. O preconsciente inclúe material do que podemos ter consciencia pero do que normalmente non somos conscientes. O inconsciente inclúe material que trasladamos defensivamente da nosa consciencia por medio da represión ou outros mecanismos de defensa.

No traballo clínico, os analistas tentan mover o material inconsciente ó preconsciente e logo á mente consciente para aumentar a autoconsciencia do paciente.

A pesar de que o modelo topográfico permanece en uso en varias discusións e formulacións clínicas, o mesmo Freud se decatou das súas limitacións e paradoxos. En concreto, observou que o conflito ocorre non só entre a consciencia e a inconsciencia senón entre diferentes procesos mentais dentro do inconsciente. Freud sentía que era necesaria unha nova teoría para dar conta desta observación e propuxo o modelo estrutural de 1923.

O modelo estrutural

É o modelo psicanalítico da mente máis famoso. O modelo estrutural divide a mente entre o Ego, o Superego e o Id. O id é a fonte dos nosos desexos, entre os que se inclúen os impulsos sexuais e agresivos. O superego inclúe os nosos ideais e o código moral. O ego está construído por un grupo de mecanismos (verificación da realidade, xuízo, control dos impulsos etc.) que nos axudan a lidar co mundo real. Os analistas que usan o modelo estrutural fócanse comunmente en axudar os pacientes a sobrelevar e manexar os conflitos que ocorren entres estas tres axencias mentais. Moitos usan o modelo estrutural para a diagnose clínica. Esta diagnose supón unha avaliación do nivel de funcionamento do id, do ego e do superego do paciente, e as áreas de febleza e fortaleza de cada un deles. Por exemplo, os psicanalistas diagnostican un paciente como psicótico se o seu ego sofre dun dano na comprobación da realidade, na verificación do que é real ou non.

O modelo económico

O modelo económico da mente case non é usado hoxe pero tivo moita importancia historicamente. No modelo económico, a mente é representada como un sistema de enerxía. A enerxía mental ou libido pode ser distribuída de xeitos moi diversos a través do sistema, surtindo de enerxía varios procesos ou actividades. A maioría dos analistas abandonaron o modelo económico pola súa complexidade e depender de ideas decimonónicas acerca da hidráulica. Aínda así, un pequeno número de analistas retén o modelo porque coidan que a súa vaguidade é de moita xuda ó aludir a trazos da vida mental que xacen máis alá do entendemento científico.

O modelo de conflito

O modelo de conflito da mente está deseñado para axudar a entender conflitos mentais específicos. Este modelo da mente divídea en unidades básicas denominadas formacións de compromiso. Unha formación de compromiso consiste nun desexo, un sentimento de desagrado acerca do desexo e unha defensa usada para eliminar aquel sentimento de desagrado. Por exemplo, un paciente podería ter un desexo agresivo de atacar figuras con autoridade que podería desembocar nun sentimento de medo ou temor a ser castigado antes que nun asalto físico ós seus superiores. O produto do desexo, desagrado e defensa toma a forma dun compromiso entre os tres. Algúns analistas argumentaron que este modelo é o modelo psicanalítico máis importante en tanto que distingue a psicanálise doutras teorías psicolóxicas como a psicoloxía humanística que minimiza o conflito mental.

Psicanalistas célebres

Alemáns

Arxentinos

Austríacos

Estadounidenses

Franceses

Suízos

Ingleses

Bibliografía

  • Elliott, Anthony (2005) Psychoanalytic Theory. An Introduction. Nova York: Palgraver Macmillan.
  • Thomson, C.L, Rudolph L.B., & Henderson, D. (2004). Counseling children (6ª ed.). Belmont, CA: Brooks/Cole Thompson Learning.
  • Mc Cormik, Hugo (2004) En el principio era el deseo, Bogotá: El otro, el mismo.
  • Berman, J. (2003). "Recensión do libro The writing cure: How expressive writing promotes health and well-being. [versión electrónica]. Psychoanalytic psychology, 20(3), 575-578.
  • Firestone, R.W. (2002) "The death of psychoanalysis and depth therapy" [versión electrónica]. Psychotherapy: Theory, Research, Practice, and Training, 39(3), 223-232.
  • Tori, C.D. & Blimes, M. (2002). Cross-cultural and Psychoanalytic Psychology: The Validation of defense measure in an Asian population. [versión electrónica]. Psychoanalytic psychology, 19(4), 701-421.
  • Corey, G. (2001) Theory and practice of counseling and psychotherapy (6ª ed.), Belmont, CA: Brooks/Cole Thompson Learning
  • Roudinesco, Elisabeth & Plon, Michel (1997) Dictionnaire de la psychanalyse, París: Fayard.
  • Hunt, Morton (1994) "Explorer of the Depths: Sigmund Freud", The Story of Psychology, Nova York: Anchor Books.
  • Dolto, Françoise (1988) Psicanálise e pediatría : as grandes noções da psicanálise : dezesseis observações de crianças, (4ª ed). Rio de Janeiro : LTC.
  • Anzieu, Didier (1976) El autoanálisis de Freud, México: Siglo XXI. [Anzieu, Didier]] (1959) L'auto-analyse de Freud et la découverte de la psychanalyse, París: PUF]
  • Freud, Sigmund(1956) Naissance de la psychanalyse, París: PUF. (Cartas a Wilhelm Fliess)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Irene BentleyLahirAlexina Bentleyc.1870Baltimore, MarylandMeninggal3 Juni, 1940Allenhurst, New JerseyPekerjaanAktrisTahun aktif1895 - ?Suami/istriJ. T. Sothoron Henry B. Smith Irene Bentley (1870 – 3 Juni, 1940) adalah aktris dan vokalis panggung asal Amerika Serikat.[1][butuh sumber yang lebih baik] Referensi ^ Irene Bentley; findagrave.com Retrieved September 23, 2016 Pranala luar Irene Bentley at IBDb.com Portrait gallery (New York City Public Library, Billy Ro...

 

Prof. Dr. Ir.Hasriadi Mat AkinM.P. Rektor Universitas Lampung ke-6Masa jabatan2015 – 2019 PendahuluSugeng P HariantoPenggantiKaromani Informasi pribadiLahir29 Juni 1957 (umur 66)Kemantan, Kerinci, JambiKebangsaanIndonesiaAlma materInstitut Pertanian BogorUniversitas Gajah MadaProfesiAkademisiSunting kotak info • L • B Prof. Dr. Ir. Hasriadi Mat Akin, M.P (lahir 29 Juni 1957) adalah seorang akademisi Indonesia. Ia merupakan ketua Dewan Riset Daerah (DRD) provi...

 

Pour les articles homonymes, voir Garcilaso de la Vega et De la Vega. Cet article est une ébauche concernant un écrivain espagnol. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Garcilaso de la Vega Portrait présumé de Garcilaso de la Vega, par Jacopo Carucci Pontormo Données clés Naissance 1501 ou 1503 Tolède, Espagne Décès 14 octobre 1536 Nice, Duché de Savoie Activité principale Poète Auteur Lang...

Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: Buku – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR Buku di sebuah perpustakaan. Buku, pustaka[1], atau kitab[2] adalah kumpulan atau himpunan kertas atau lembaran yang tertulis atau...

 

KroketRincianJeniscamilan dan convenience food (en) Bahan utamaSaus Bechamel, telur dan Tepung roti lbs Variasi bentuk kroket Kroket Belanda Kroket adalah nama sebuah makanan yang dipungut dari bangsa Belanda di Indonesia tetapi diambil dari Prancis. Di Belanda, kroket adalah sebuah makanan yang terdiri dari ragout yang dilapisi dengan putih telur dan tepung panir lalu digoreng. Di Indonesia, biasanya kroket adalah gumpalan kentang tumbuk halus berisi daging cincang yang dibumbui dan dicampur...

 

Marvin MarvinGenreKomediFiksi ilmiahSlapstickPembuatJon RossJeff BushellPemeranLucas CruikshankPat FinnMim DrewVictory Van TuylJacob BertrandCasey SanderCamille SpirlinPenata musikKenneth BurgomasterJmlh. musim1Jmlh. episode19 (daftar episode)ProduksiProduser eksekutifJon RossJeff BushellEvan WeissGary BinkowProduserRichard G. King (episode 1)Patty Gary-CoxDavid M. Israel (consulting producer)Steve Leff (consulting producer)Durasi23 minutes, one 45 minute specialRumah produksiThe Colle...

JihoonJihoon in March 2022Nama asal지훈LahirPark Ji-hoon14 Maret 2000 (umur 24)Distrik Nam, Busan, Korea SelatanPekerjaanPenyanyipenariTahun aktif2020–sekarangKarier musikGenreK-popInstrumenVokalLabelYGNama KoreaHangul박지훈 Hanja朴志焄 Alih AksaraPak Ji-hunMcCune–ReischauerPak Chihun Tanda tangan Park Ji-hoon (bahasa Korea: 박지훈; lahir 14 Maret 2000 di Busan, Korea Selatan) adalah artis yang berada di bawah naungan YG Entertainment. Ia adalah anggota grup...

 

Species of bird (Fregata minor) Great frigatebird Adult male, displaying, with inflated gular sac Conservation status Least Concern  (IUCN 3.1)[1] Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Aves Order: Suliformes Family: Fregatidae Genus: Fregata Species: F. minor Binomial name Fregata minor(Gmelin, 1789) Range map Synonyms Pelecanus minor Gmelin 1789 Tachypetes palmerstoni The great frigatebird (Fregata minor) is a large seabird in...

 

この記事は検証可能な参考文献や出典が全く示されていないか、不十分です。出典を追加して記事の信頼性向上にご協力ください。(このテンプレートの使い方)出典検索?: コルク – ニュース · 書籍 · スカラー · CiNii · J-STAGE · NDL · dlib.jp · ジャパンサーチ · TWL(2017年4月) コルクを打ち抜いて作った瓶の栓 コルク(木栓、�...

Sceaux 行政国 フランス地域圏 (Région) イル=ド=フランス地域圏県 (département) オー=ド=セーヌ県郡 (arrondissement) アントニー郡小郡 (canton) 小郡庁所在地INSEEコード 92071郵便番号 92330市長(任期) フィリップ・ローラン(2008年-2014年)自治体間連合 (fr) メトロポール・デュ・グラン・パリ人口動態人口 19,679人(2007年)人口密度 5466人/km2住民の呼称 Scéens地理座標 北緯48度4...

 

2003 remix album by Mariah CareyThe RemixesRemix album by Mariah CareyReleasedJune 25, 2003GenreDancepopR&BLength140:15Label Columbia Sony Producer David Morales Mariah Carey Junior Vasquez Robert Clivillés David Cole Hex Hector Mac Quayle Dave Hall Jermaine Dupri DJ Clue Ken Duro Ifill Stevie J Sean Combs Clark Kent Damizza Rick Rock Darren Rapp Mariah Carey chronology Charmbracelet(2002) The Remixes(2003) The Emancipation of Mimi(2005) The Remixes is the first remix album by A...

 

  「俄亥俄」重定向至此。关于其他用法,请见「俄亥俄 (消歧义)」。 俄亥俄州 美國联邦州State of Ohio 州旗州徽綽號:七葉果之州地图中高亮部分为俄亥俄州坐标:38°27'N-41°58'N, 80°32'W-84°49'W国家 美國加入聯邦1803年3月1日,在1953年8月7日追溯頒定(第17个加入联邦)首府哥倫布(及最大城市)政府 • 州长(英语:List of Governors of {{{Name}}}]]) •&...

هذه المقالة بحاجة لصندوق معلومات. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة صندوق معلومات مخصص إليها.   لمعانٍ أخرى، طالع مؤشر (توضيح). الطول الموجى لالوان مؤشرات الليزر - الاحمر635 نانومتر- الأخضر 532 نانومتر - الأزرق 445 نانومتر مؤشر الليزر أو قلم الليزر هو جهاز صغير محمول با�...

 

Formal venue for indoor recreational activities in South Asia A Mehil-e-Mushaira at Hyderabad, in the presence of the courtiers Mehfil (also spelled mahfil) is a formal venue where indoor recreational activities such as poetry (mushaira), singing, music, and dance are entertained in parts of the Indian subcontinent. It is part of Ganga-Jamuni tehzeeb culture. Historically, mehfils were presented in the homes or palaces of Muslim royalty or noblemen, who acted as these artists' patrons.[1&...

 

Swedenborgian Protestant Christian church The Lord's New Church Which Is Nova HierosolymaClassificationRestorationist Christianity[1]TheologySwedenborgianPolityEpiscopalFounderFormer members of the General Church of the New JerusalemOrigin1937 Bryn Athyn, Pennsylvania, U.S. and The Hague, The NetherlandsBranched fromGeneral Church of the New JerusalemCongregationsMinistries or societies in the United States (Bryn Athyn, Pennsylvania), Lesotho, South Africa, the Netherlands, Sweden, Cr...

Swedish ice hockey clubAlmtuna ISCityUppsala, SwedenLeagueHockeyAllsvenskanFounded1932 (Hockey in 1947)Home arenaUpplands Bilforum ArenaColors     General managerTony MårtenssonHead coachRobert KimbyWebsitealmtuna.com Almtuna IS is a Swedish ice hockey club based in Uppsala and is currently playing in HockeyAllsvenskan, the second highest league of ice hockey in Sweden. The team maintained its place in the Allsvenskan despite suffering relegation in the 2018–19 season f...

 

宮內省(日语:宮内省/くないしょう Kunai-shō)是日本曾經設置的政府部會,主要掌管天皇、皇室及皇宮事務,存在於律令制時代、大日本帝國時期,1947年改制為宮內府,1949年再度改制為今天的宮内厅。 律令制下的宮內省 古代的宮内省是律令制規定的八省之一。主要职责是管理宮廷的修繕、食事、掃除、医療等庶務,以及天皇財產的管理。 職員 長官为宮内卿,正四�...

 

2014年亚洲运动会羽球比賽 项目 男單 女單 男雙 女雙 混雙 男團 女團 2014年亞洲運動會羽毛球比賽為第十七屆亞洲運動會的其中一項競賽項目,共產生七面金牌;賽事將於2014年9月20日至9月29日在桂陽體育館舉行。本條目為男子團體項目的比賽結果。 本項賽事共有12支隊伍參與。決定各隊在淘汰賽中排位的抽籤儀式於2014年8月21日在南韓海港公園酒店(Harbor Park Hotel)舉行[1&...

American mathematician Jekuthiel Ginsburg (1889–1957) was a professor of mathematics at Yeshiva University. He established the journal Scripta Mathematica. He also was honored as a fellow of the New York Academy of Sciences. References Boyer, Carl B. (1958), Jekuthiel Ginsburg (1889–1957), Isis, 49 (3), The History of Science Society: 335–336, doi:10.1086/348677, JSTOR 226941, S2CID 144062847. Furstenberg, Hillel (Harry) (May 16, 2005), Inspiring the Love of Mathematics: T...

 

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Irish Newfoundlanders – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2023) (Learn how and when to remove this message) Newfoundland and Ireland In modern Newfoundland (Irish: Talamh an Éisc), many Newfoundlanders are of Irish descent. According to th...