É unha árborecaediza que acada os 30–40 m de altura cunha coroa cónica. As follas (arume) de cor verde brillante son de 3–6 cm de lonxitude e 2–3 mm de longo, con dúas bandas de estomas na face posterior, as follas tórnanse de cor amarela dourada brillante no outono antes de caer.
As piñas son distintas, superficialmente semellan alcachofas, de 4–7 cm de lonxitude e 4–6 cm de largo, madurecen aos 7 meses da polinización cando se desintegran para guindaren as sementes aladas. Os conos masculinos como en Keteleeria, prodúcense en umbelas de varios xuntos.
Usos
É unha árbore moi atractiva como planta ornamental para parques e xardíns, é moi tolerante á calor e á humidade do verán crecendo con éxito no sueste dos Estados Unidos onde outros xéneros non teñen éxito. En Europa medra con éxito na rexión mediterránea con notábeis especies no norte de Italia; no afastado norte da Gran Bretaña medran a modo por mor dos fríos veráns daquela rexión.