O primeiro Premier (primeiro ministro) de Terra Nova e Labrador, Joey Smallwood, acuñou o termo "Provincias Atlánticas" cando Terra Nova e Labrador uníronse ó Canadá en 1949. Smallwood creu que sería presuntuoso para Terra Nova e Labrador asumir que podería incluírse dentro do termo existente "Provincias Marítimas", usado para describir as semellanzas culturais entre Nova Escocia, Illa do Príncipe Eduardo e Novo Brunswick. As tres provincias marítimas uníronse á Confederación no século XIX: Novo Brunswick e Nova Escocia en 1867 e a Illa do Príncipe Eduardo en 1873.
De cando en vez, o termo Marítimas é usado como un sinónimo para "as provincias atlánticas", pero este uso está considerado incorrecto pois o primeiro exclúe a Terra Nova e Labrador.
Comunidades
(A listaxe inclúe comunidades por riba de 50.000 habitantes, por poboación/área metropolitana).[2]