A provincia de Sogdiana (Вилояти Суғд) é unha das catro divisións administrativas e unha das tres provincias (Вилоятҳо, Vilojatxo) que conforman a división administrativa do Taxiquistán. Está situada no noroeste do país. Ten unha superficia de 26.100 km², e unha poboación de 1.870.000 de acordo co censo de 2000.
A provincia era coñecida co nome de «Leninabad» ata 1991, taxiquizado coma «Leninobod» ata o 2000, e renomeada como Sogdiana en homenaxe á rexión histórica do mesmo nome que ocupaba parte do actual Taxiquistán, no 2004.
A súa capital é Ghuxand, en taxico Хуҷанд (Xushand), "Leninabad" durante o período soviético.