A provincia de Holguín é unha das 14 provincias cubanas. Atópase no oriente da illa, cunha poboación de máis dun millón de habitantes. Holguín é a cuarta provincia máis grande do país, cunha extensión de 9 300,6 km², e encóntrase a unha distancia de aproximadamente 774 quilómetros da Cidade da Habana.