A provincia de Copperbelt (Copperbelt Province) é unha das 10 provincias de Zambia. A súa capital é a cidade de Ndola. É a segunda provincia máis habitada de Zambia.
Cunha área de 31.328 km2, contaba cunha poboación de 2.362.207 habitantes no ano 2015.[1]
O nome da provincia fai mención á grande área xeográfico-xeolóxica e socieconómica na que está inserido, o cinto de cobre de África Central, coñecido en inglés como copperbelt.