Territorialmente coincide coa Intendencia creada no seu afán reorganizador do primeiro Borbón Filipe V.
Non figura como tal nas 38 prefecturas de 1810 nas que, segundo o proxecto do clérigo Llorente, o rei Xosé I tentou ordenar o territorio ao estilo das establecidas en Francia.
En xaneiro de 1822, durante o trienio liberal aprobouse unha división provincial de España en 52 provincias, agrupadas en 15 rexións. Canarias figuraba como rexión e provincia.
Apenas uns meses tras a morte do absolutista Fernando VII, a división territorial levada a cabo por Javier de Burgos en 1833 baixo a rexencia de María Cristina de Borbón mantívose practicamente sen cambios (a nivel provincial) ata a actualidade. Dividía , cun tamaño relativamente homoxéneo e eliminando a maior parte dos exclaves e enclaves propios do Antigo Réxime.
En 1912 creouse a Lei de Cabidos, para tentar satisfacer a ambas as partes. Isto non agradou aos que pedían a división provincial, especialmente desde Gran Canaria, e aos que avogaban pola autonomía rexional, maioritariamente desde Tenerife.[3]
Pódese considerar que a capitalidade nas Canarias pasou de facto por San Marcial del Rubicón (en Lanzarote), Betancuria (en Fuerteventura), As Palmas de Gran Canaria (en Gran Canaria) e San Cristóbal de la Laguna (en Tenerife), ata que en 1843 confirmouse a capitalidade oficial das Canarias á Vila de Santa Cruz de Tenerife, de novo na illa de Tenerife (de iure, sendo esta última cidade a única que ostentou tal título de maneira oficial),[4] o que intensificou o desgusto da burguesía grancanaria, que considerou que a medida non era boa para o conxunto do arquipélago e só beneficiaba á burguesía tinerfeña, que ademais contaba con apoio en Madrid dos Gobernadores Civís e dos Comandantes Xerais. Comeza o preito insular, coa loita pola «división provincial», que foi unha das principais liñas de actuación ata 1866 do Partido Canario, cuxos principais líderes foron Antonio López Botas e Cristóbal del Castillo.
Finalmente, durante a ditadura de Primo de Rivera, en 1927 produciuse a división da antiga provincia das Canarias, en dúas provincias: