Unha protoestrela é aquela estrela que dende unha nube molecular formada por hidróxeno, helio e partículas de po comeza a se contraer até que acada a secuencia principal no diagrama de Hertzsprung-Russell. Ás protoestrelas cunha masa similar á do Sol lévalles ao redor de 10 millóns de anos para evolucionar dunha nube condensada á secuencia principal.