Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
A protanopia é a carencia de sensibilidade da cor vermella, unha disfunción visual relacionada coa percepción da cor. Denomínase tamén dicromacia vermella. Consiste na ausencia de actividade funcional dos protoconos, que son sensibles á porción vermella do espectro visible. Por tanto, os individuos que sofren protanopia padecen unha perda clara de sensibilidade á luminosidade do extremo vermello do espectro cromático.