Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
A deuteranopía ou deuteranopsia é a carencia de sensibilidade da cor verde, unha disfunción visual relacionada coa percepción da cor.
Os conos da retina responsables da recepción de luz con lonxitude de onda correspondente á cor verde están ausentes ou non son funcionais. Por tanto existe unha deficiencia á hora de discriminar entre verde e vermello.
Existen lentes específicas para a optimización da percepción das cores aínda que estas non corrixen nin curan a deuteranopia, pero permiten poder diferenciar con maior exactitude a diferenza de cores ou matices.