Principio de exclusión de Pauli

Wolfgang Pauli

O principio de exclusión de Pauli foi unha hipótese formulada polo científico Wolfgang Pauli que postula que nun mesmo átomo é imposible que dous electróns posúan os catro números cuánticos iguais (número cuántico principal, número cuántico secundario, número cuántico magnético e número cuántico de spin).