O Primeiro ministro de Sint Maarten é o Xefe de Goberno de Sint Maarten. O cargo existe dende o 10 de outubro de 2010, momento no que se produciu a adhesión de Sint Maarten como país ao Reino dos Países Baixos trala disolución das Antillas Neerlandesas. O Primeiro ministro, xunto co Consello de Ministros e o Gobernador de Sint Maarten, forma a cúpula executiva do goberno de Sint Maarten.