A Primeira Cámara dos Estados Xerais (en neerlandés: Eerste Kamer der Staten Generaal) constitúe a cámara alta do parlamento neerlandés, informalmente tamén se coñece como Senado. A súa sede está no complexo de edificios históricos do Binnenhof, na Haia, que alberga tamén outras institucións políticas do país.
Composición
Está integrada por 75 senadores que representan ás provincias dos Países Baixos e aos territorios do Reino no Caribe. Cada unha das doce provincias conta con candaseu consello provincial (Proviciale Staten) que actúa como asemblea lexislativa dese territorio. Estes son renovados cada catro anos por sufraxio universal e nos tres meses posteriores a súa elección deben proceder a escoller aos membros que os representarán na cámara alta dos Estados Xerais.
A diferenza dos membros da Segunda Cámara, os membros da Primeira Cámara non teñen dedicación exclusiva e a Primeira Cámara só realiza unha sesión unha vez por semana.[1]
Funcións
O seu rol é o de representar os intereses da cidadanía orientando a tal fin a política, controlar a acción do Goberno e lexislar. Con todo, as súas atribucións son máis limitadas que ás reservadas á Segunda Cámara, aínda que ten un papel fundamental no proceso lexislativo dos Países Baixos.
Unha das principais diferenzas entre ambas cámaras é que a Primeira Cámara non pode introducir emendas aos proxectos de lei presentados polo executivo. Dado que a Primeira Cámara só pode votar a favor ou en contra da totalidade do proxecto. É por iso, que, ás veces, unha maioría dos senadores remiten nunha comunicación oficial cunha posición para que o ministerio que promove a lexislativo valore algunha modificación antes da presentación no Senado. Nesa carta, os membros da Primeira Cámara propoñen algún cambio á considerar para gañar o voto favorable da cámara. Se o goberno acepta á introdución dese troco, o proxecto de lei chámase "proxecto emendado" e tamén debe contar coa aprobación da Segunda Cámara.[1]
No control do goberno, os membros da Primeira Cámara poden interpelar aos ministros e secretarios de Estado e tamén poden censurar a súa tarefa. De feito, dado que os membros do executivo son responsables ante o parlamento, se a Primeira Cámara (ou a Segunda) emitise un voto de non confianza nun ministro, este debe dimitir.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Ramkema, H. (2008). Reseña del Sistema Político Neerlandés. NIMD e Instituut voor Publiek en Politiek. ISBN 978-90-79089-03-1.