Pretério imperfeito reúne o que estimei menos ilexíbel da miña poesía publicado en libros
Futuro condicional reúne a poesía inédita ou non recopilada, posterior á data do meu último libro. ... de maneira que son dous libros, porque o primeiro comprende unha antoloxía dos meus libros, metres que os versos contidos en Futuro condicional non estaban recollidos en libro nengún... Agora ben, si, posiblemente hai diferencias de enfoque entre eses dous libros, pero non demasiado acusadas, porque son libros no seu contido absolutamente contiguos...
Eu creio que a experiencia, a dor de viver, fóronme proporcionando novos puntos de vista e, neste sentido, é máis xuvenil a poesía de Pretérito imperfeito, é unha poesía na que latexa un espírito máis mozo que o que latexa en Futuro condicional, sen que isto queira dicer que a poesía de Pretérito imperfeito é máis optimista, por exemplo que a de Futuro condicional...
Durante a guerra teño escrito muitos poemas, que posteriormente integraron libros meus con
Anxo de terra,
Poemas pendurados dun cabelo e posibelmente o proprio
Salterio de Fingoy, porque a maior parte dos versos de
Salterio de Fingoy foron escritos en Fingoi, ou sexa, a partir de 1958. Eu non deixei nunca en realidade de escreber versos e durante a guerra escrebín muitos e os que conservei, polo menos na súa maioría, pasaron logo a integrar parte deses libros
[3].