O silenzo axionllado (1ª edición, 1934[1]) ou O siléncio ajoellado (edición de 1980[2]) —O silencio axeonllado en galego normativo actual— é un libro de poemas de Ricardo Carballo Calero.
Características
Este libro rupturista, que lembra a Manuel Antonio,[3] certifica un coñecemento profundo das correntes de vangarda.[4] No libro pódense apreciar imaxes de carácter ultraísta ou creacionista e tamén os ecos hilozoístas de Luís Amado Carballo.[5]Aquilino Iglesia Alvariño cualifica os versos como introspectivos e serenos, deshumanizados: o exercicio íntimo dun autor pechado en si mesmo para esculcar as cousas e os estados de ánimo.[6]Henrique Rabuñal sinala: persiste a poesía amorosa, a do amor regrado, a do amor feo e a do amor fonte de dor.[3]
A época de Vieiros e a época de O silencio axionllado é a época da miña mocidade, son versos escritos entre os 20 e os 24 e 26 anos. Hai unha suma de leituras que faciamos todos, os que pretendiamos escalar os cumes do Parnaso por entón. Eu tiven unha formación romántica que se reflexa no meu primeiro libriño de versos en castellano, pero xa mui mesturado de modernismo. Estes libros Vieiros e O silencio axionllado coido que supoñen a liberación desa formación, dou un paso máis alá... A metáfora de tipo criacionista ou ultraísta está presente nalgúns textos deses libros, polo menos no segundo deses libros, é posíbel que non no primeiro ou non tan claramente.
A miña poesía daquela época era máis construtiva, menos arbitraria, cunha estrutura conceptual máis sólida, máis firme, que a da maioría dos meus compañeiros, non todos, pero en fin, Álvaro Cunqueiro escribía unha poesía arbitraria, menos motivada desde o punto de vista conceptual, unha poesía máis aérea…[7]
E o autor engadiu noutro libro de conversas:
Creio que hai un testemuño dun coñecimento mais amplo ou máis profundo pola miña parte das correntes vangardistas. Hai, evidentemente, un sentido da imaxe que às veces se aproxima à imaxe criacionista ou ultraísta, ainda que o libro en conxuto non sexa un libro criacionista nen ultraísta… Hai poemas mais vangardistas, evidentemente, que outros, pero en xeral parece-me un livro muito mais maduro, e non direi que mais rico en temática porque desde sempre parece-me que a miña poesia está caracterizada por esa riqueza, e emprego aqui a palabra “riqueza” sen nengunha connotación mellorativa.[8]
Tinge, tinge os teus beizos co sangue do solpor ; enmourece as tuas olleiras con brétema e prolonga as tuas cellas con farrapos de noite ... [9]
Alén do amor eu te amei
Saudade dun pasado
Saudade dunha voz
Somellas ser somente
Pavo real
... ; sensual e anacrónico rei das curvas e as cores nos tempos geométricos do hidro e do automóvil ... [10]
¿Ai, se non te tivese
Serenidade, anseio
O sexo do anjo
Guarda con sono
Ceo do mariñeiro
Pedra alume
Mans
Soño de Catarina
Retrato
O teu retrato ante min. Por un cristal protegido, é un espello dubidoso. A ollá-lo, o meu rosto vejo co teu rosto misturado ... [11]
História de Amendoíña, segundo Andersen
Luísa sorriso
Naces na primavera, cando a terra está en cio
Madrigal a Rosalia
A ti, sombra perdida, espírito pervagante, que entre néboas de alén andas errante. A ti, clara voz morta, ollos feridos, pazo esquecido, outono lonjano, chúvia aceda sen lecer, sibila chorosa; a ti que tes o corazón de lua traspasado, nas mans tremor de maina bris que ri, as fazulas aradas pola dor -oh estadea de bágoas sen fin- e na fronte un fantasma aluarado: a ti, de min, aos pes, a flor dun siléncio ajoellado [12]
Unha bailarina
Solciño frio da montaña
Lámpada
Anjo e serea
Automóvil
As árbores cantaban
Notas
↑Carballo Calero, Ricardo (1934). O silenzo axionllado. Nós.