Prenilación

Grupo funcional prenilo ("prenil-").

A prenilación ou isoprenilación é a adición de moléculas hidrofóbicas isoprenoides a proteínas ou outros compostos químicos. Considérase que a adición de grupos prenilo ou prenil (3-metil-but-2-en-1-il) facilita a unión de moitas proteínas ás membranas celulares, de xeito similar ao que ocorre coa unión a áncoras lipídicas como a áncora GPI, aínda que non hai probas directas. Os grupos prenilo son importantes para a unión proteína-proteína por medio de dominios de unión a prenilos especializados. Os grupos que se engaden son xeralmente farnesilo, xeranilo ou xeranilxeranilo.

Prenilación de proteínas

A prenilación de proteínas implica a transferencia dun resto farnesilo ou xeranilxeranil a cisteínas C-terminais da proteína diana. Na célula hai tres encimas que levan a cabo a prenilación, chamadas farnesil transferase, Caax protease e xeranilxeranil transferase I.[1]

A farnesilación é un tipo de prenilación, consistente na modificación postraducional de proteínas pola adición de grupos isoprenilo a un residuo de cisteína.[2] É un importante proceso para mediar interaccións proteína-proteína e proteína-membrana.[3]

Farnesiltransferase e xeranilxeraniltransferase I

A farnesil transferase e a xeranilxeranil transferase I son proteínas moi similares. Constan de dúas subunidades, a subunidade α, que é común a ambos os encimas, e a subunidade β, que ten unha identidade de secuencia do 25%. Estes encimas recoñecen a caixa CaaX no extremo C-terminal da proteína diana. C aquí significa císteína, que é prenilada, a é o aminoácido alifático, e a identidade de X determina que encima é o que actúa sobre a proteína. A farnesil transferase recoñece caixas CaaX nas que X = M (metionina), S (serina), Q (glutamina), A (alanina), ou C (cisteína), mentres que a xeranilxeranil transferase I recoñece caixas CaaX nas que X = L (leucina) ou E (ácido glutámico).

Rab xeranilxeranil transferase

A Rab xeranilxeranil transferase, ou xeranilxeranil transferase II, transfire (xeralmente) dous grupos xeranilxeranil ás cisteínas do C-terminal das proteínas Rab. O C-terminal das proteínas Rab varía en lonxitude e secuencia, polo que se di que é hipervariable. Así, as proteínas Rab non teñen unha secuencia consenso, como a caixa CaaX, á cal poida recoñecer a Rab xeranilxeranil transferase. As proteínas Rab xeralmente rematan no motivo CC (cisteína-cisteína) ou CXC (cisteína-X-cisteína). En vez diso, ás proteínas Rab únese a proteína escolta de Rab (REP) nunha rexión máis conservada da proteína Rab e despois a REP preséntaas á Rab xeranilxeranil transferase. Unha vez que as proteínas Rab están preniladas, a áncora lipídica fai que as Rabs xa non sexan solubles, pero mentres están unidas á REP son solubles. A REP, por tanto, xoga un importante papel na solubilización de grupos xeranilxeranil, e finalmente deixa a proteína Rab nunha membrana celular.

Ambos os tipos de cadeas isoprenoides, o xeranilxeranil pirofosfato (GGpp) e o farnesil pirofosfato son produtos da vía da HMG-CoA redutase. O produto da HMG-CoA redutase é o mevalonato. Combinando precursores de 5 carbonos, a vía posteriormente produce xeranil pirofosfato (10 carbonos), farnesil pirofosfato (15 carbonos) e xeranilxeranil pirofosfato (20 carbonos). Tamén poden combinarse dous grupos farnesil pirofosfato para formar escualeno, que é o precursor do colesterol. Isto significa que as estatinas, que inhiben a HMG CoA redutase, inhiben a produción tanto de colesterol coma de isoprenoides.

Nótese que, na vía HMG-CoA redutase/mevalonato, os precursores xa conteñen un grupo pirofosfato, e os isoprenoides prodúcense cun grupo pirofosfato. Non se coñecen encimas que poidan levar a cabo a reacción de prenilación co isoprenoide en forma de alcohol. Porén, coñécese unha actividade encimática de isoprenoide quinase que pode converter os alcohois isoprenoides en isoprenoides difosfatos.[4] En concordancia con isto, o farnesol e o xeranilxeraniol poden compensar os efectos causados polas estatinas ou os bisfosfonatos nitroxenados, o que é un apoio máis a que os alcohois poden estar implicados na prenilación, probablemente por medio de fosforilación para formar o correspondente difosfato.

Entre as proteínas que sofren prenilación están as proteínas Ras, que xogan un papel central no desenvolvemento do cancro. Isto suxire que os inhibidores dos encimas da prenilación (por exemplo, da farnesil transferase) poden influír no crecemento do tumor. No caso das formas K-Ras e N-Ras, cando as células son tratadas con inhibidores da farnesil transferase (FTIs), estas formas de Ras poden sufrir unha prenilación en forma de xeranilxeranilación.[5] Atopouse en traballos recentes que os FTIs tamén inhiben a Rab xeranilxeranil transferase e que o éxito deses inhibidores nos ensaios clínicos pode deberse tanto a efectos sobre a prenilación das proteínas Rab coma sobre a prenilación de Ras. Nótese que os inhibidores dos encimas preniltransferases mostran diferente especificidade polas preniltransferases, dependendo do composto específico que se utilice.

Os FTIs poden tamén usarse para inhibir a farnesilación en parasitos como o Trypansoma brucii e os plasmodios da malaria. Os parasitos parecen ser máis vulnerables á inhibición da darnesil transferase que os humanos. Nalgúns casos, isto pode deberse a que carecen de xeranilxeranil transferase I. Así, é posible que o desenvolvemento de fármacos antiparasitos se beneficie das investigacións sobre FTIs no cancro.

Ademais, os FTIs parecen prometedores para o tratamento da proxeria en modelos de ratos, e en 2007 empezou un ensaio clínico en fase II utilizando o FTI Lonafarnib para tratar a proxeria en nenos.[6]

Na transdución de sinais por medio da proteína G, a palmitoilación da súa subunidade α, a prenilación da subunidade γ, e a miristoilación están implicadas na fixación da proteína G á superficie interna da membrana plasmática para que a proteína G poida interaccionar co seu receptor.[7]

Prenilación de pequenas moléculas

Algunhas pequenas moléculas poden tamén ser preniladas, como é o caso dos prenilflavonoides.

Lonxevidade e efectos cardíacos

Un estudo de 2012 atopou que o tratamento con estatinas incrementa a duración da vida e mellora a saúde cardíaca na mosca Drosophila ao facer diminuír a prenilación de proteínas específicas. O estudo concluía dicindo: "Estes datos son a proba máis directa ata agora de que a diminución da prenilación de proteínas pode incrementar a saúde cardíaca e a duración da vida nunha especie de metazoos, e pode explicar os efectos na saúde pleiotrópicos (non relacionados co colesterol) das estatinas."[8]

Un ensaio clínico de 2012 explorou a estratexia de inhibir a prenilación de proteínas con certo éxito no tratamento da síndrome de proxeria de Hutchinson-Gilford, que é un trastorno multisistema que causa fallos que favorecen e aceleran a aterosclerose e levan a unha morte prematura.[9][10]

Notas

  1. P. J. Casey and M. C. Seabra (1996). "Protein Prenyltransferases". Journal of Biological Chemistry 271 (10): 5289–5292. PMID 8621375. doi:10.1074/jbc.271.10.5289.  PDF
  2. Maltese WA (Dec 1990). "Posttranslational modification of proteins by isoprenoids in mammalian cells". FASEB J 4 (15): 3319–28. 
  3. G. Novelli and M. R. D'Apice (2012). "Protein farnesylation and disease". Journal of Inherited Metabolic Disease 35 (5): 917–926. doi:10.1007/s10545-011-9445-y. 
  4. Bentinger, M.; Grünler, J.; Peterson, E.; Swiezewska, E.; Dallner, G. (1998). "Phosphorylation of farnesol in rat liver microsomes: properties of farnesol kinase and farnesyl phosphate kinase.". Archives of biochemistry and biophysics 353 (2): 191–198. doi:10.1006/abbi.1998.0611. PMID 9606952.
  5. Whyte, D.; Kirschmeier, P.; Hockenberry, T.; Nunez-Oliva, I.; James, L.; Catino, J.; Bishop, W.; Pai, J. (1997). "K- and N-Ras are geranylgeranylated in cells treated with farnesyl protein transferase inhibitors". The Journal of Biological Chemistry 272 (22): 14459–14464. PMID 9162087.
  6. "Phase II trial of Lonafarnib (a farnesyltransferase inhibitor) for progeria". 
  7. Wall, MA; Coleman, DE; Lee, E; Iñiguez-Lluhi, JA; Posner, BA; Gilman, AG; Sprang, SR (Dec 15, 1995). "The structure of the G protein heterotrimer Gi alpha 1 beta 1 gamma 2.". Cell 83 (6): 1047–58. PMID 8521505. doi:10.1016/0092-8674(95)90220-1. 
  8. Spindler SR, Li R, Dhahbi JM, Yamakawa A, Mote P, Bodmer R, Ocorr K, Williams RT, Wang Y, Ablao KP (2012). "Statin treatment increases lifespan and improves cardiac health in Drosophila by decreasing specific protein prenylation". PLoS ONE 7 (6): e39581. PMID 22737247. doi:10.1371/journal.pone.0039581. 
  9. Gordon LB, Kleinman ME, Miller DT, Neuberg DS, Giobbie-Hurder A, Gerhard-Herman M, Smoot LB, Gordon CM, Cleveland R, Snyder BD, Fligor B, Bishop WR, Statkevich P, Regen A, Sonis A, Riley S, Ploski C, Correia A, Quinn N, Ullrich NJ, Nazarian A, Liang MG, Huh SY, Schwartzman A, Kieran MW (Oct 2012). "Clinical trial of a farnesyltransferase inhibitor in children with Hutchinson-Gilford progeria syndrome". Proc Natl Acad Sci USA 109 (41): 16666–71. PMID 23012407. doi:10.1073/pnas.1202529109.  [1]
  10. Young SG, Yang SH, Davies BS, Jung HJ, Fong LG (2013). "Targeting Protein Prenylation in Progeria". Sci Transl Med 2 (5): 171. PMC 3725554. doi:10.1126/scitranslmed.3005229.  [2]

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Dan Aykroydpada Toronto Film Festival tahun 2005LahirDaniel Edward AykroydPekerjaanAktorKomedianMusisiPenulis NaskahWinemakerTahun aktif1974–sekarangSuami/istriDonna Dixon (1983–sekarang)Situs webhttp://www.thebluesmobile.com/ Daniel Edward Dan Aykroyd (lahir 1 Juli 1952) merupakan seorang aktor dan skenario berkebangsaan Kanada yang memenangkan nominasi Academy Award dan Emmy Award. Dia dilahirkan di Ottawa. Dia berkarier di dunia film sejak tahun 1974. Filmografi Love at First Sig...

 

Arvigo Lambang kebesaranNegaraSwissKantonGraubündenDistrikMoesaPemerintahan • WalikotaRaimondo DenicolàLuas[1] • Total17,02 km2 (6,57 sq mi)Ketinggian876 m (2,874 ft)Populasi (Kesalahan: waktu tidak sah.[2]) • Total97 • Kepadatan5,7/km2 (15/sq mi)Kode pos6543Kode area telepon3801Dikelilingi olehBraggio, Buseno, Cauco, Cresciano (TI), Osogna (TI), San Vittore, SelmaSitus webwww.arvigo.ch SFSO s...

 

Blue KimbleFoto oleh Stephanie SaiasLahirJanuary 3, 1983 (1983-01-03) (usia 41)Atlanta, Georgia, Amerika SerikatPekerjaanAktorTahun aktif2011–sekarang Blue Kimble (lahir 3 Januari 1983) adalah aktor dan model asal Amerika Serikat. Kehidupan dan karier Kimble dilahirkan dan dibesarkan di Atlanta, Georgia, Amerika Serikat.[1] Pada tahun 2019, Kimble berperan sebagai lawan dari peran utama Chace Crawford dalam film cerita seru Amerika Serikat Nighthawks.[2] Referensi...

Australia men's national ice hockey team The list of Olympic men's ice hockey players for Australia consists of 15 skaters and 2 goaltenders. Men's ice hockey tournaments have been staged at the Olympic Games since 1920 (it was introduced at the 1920 Summer Olympics, and was permanently added to the Winter Olympic Games in 1924).[1] Australia has participated in one tournament, the 1960 Winter Olympics, where they finished last of the nine nations competing. David Cunningham scored th...

 

Gina LollobrigidaOMRILollobrigida pada tahun 1960-anLahirLuigia Lollobrigida(1927-07-04)4 Juli 1927Subiaco, Kerajaan ItaliaMeninggal16 Januari 2023(2023-01-16) (umur 95)Roma, ItaliaPekerjaanAktris, jurnalis fotoTahun aktif1946–1997Suami/istriMilko Škofič ​ ​(m. 1949; c. 1971)​PasanganJavier Rigau i Ràfols (1984–2006)Anak1PenghargaanOrder of Merit of the Italian RepublicLegion of HonourOrdre des Arts et des Lettres Luigia Gina L...

 

Christmas HumphreysChristmas HumphreysLahir(1901-02-15)15 Februari 19017 Royal Crescent, London, InggrisMeninggal13 April 1983(1983-04-13) (umur 82)St John's Wood, LondonKebangsaanBritania RayaPekerjaanBarrister; hakim, penulisTahun aktif1924–1976 Travers Christmas Humphreys (15 Februari 1901 – 13 April 1983)[1] adalah seorang barrister, Queen's Counsel, dan hakim Britania di Old Bailey.[2][3] Bersama dengan istrinya, Aileen Faulkner, Christmas Humphreys...

Sécheresse de 1976 en EuropeAnomalie de température en juin.LocalisationRégions affectées EuropeCaractéristiquesType Sécheresse, caniculeDate 1976modifier - modifier le code - modifier Wikidata La sécheresse de 1976 en Europe a affecté une partie de l'Europe entre l'automne 1975 et l'été 1976[1]. Causes de la sécheresse Dès décembre 1975, l'anticyclone des Açores, à 1 035 hPa, est remonté vers le nord, au large de l'Irlande, et se trouve donc très proche de son homo...

 

追晉陸軍二級上將趙家驤將軍个人资料出生1910年 大清河南省衛輝府汲縣逝世1958年8月23日(1958歲—08—23)(47—48歲) † 中華民國福建省金門縣国籍 中華民國政党 中國國民黨获奖 青天白日勳章(追贈)军事背景效忠 中華民國服役 國民革命軍 中華民國陸軍服役时间1924年-1958年军衔 二級上將 (追晉)部队四十七師指挥東北剿匪總司令部參謀長陸軍�...

 

Writing system used for the Persian language For other scripts that have been used to write the Persian language, see Persian language § Orthography. Perso-Arabic script redirects here. For the Arabic script, see Arabic script. This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citation...

Prancis Terbuka 2011Tanggal17 Mei – 5 JuniEdisike-110KategoriTurnamen Grand Slam (ITF)LokasiParis (XVIe), PrancisJuaraTunggal Putra Rafael NadalTunggal Putri Li NaGanda Putra Max Mirnyi / Daniel NestorGanda Putri Andrea Hlaváčková / Lucie HradeckáGanda Campuran Casey Dellacqua / Scott LipskyKursi roda tunggal putra Maikel ScheffersKursi roda tunggal putri Esther VergeerKursi roda ganda putra Shingo Kunieda / Nicolas PeiferKursi roda ganda putri Esther Vergeer / Sharon WalravenRemaja Put...

 

Pulau PanjangPulau PanjangLetak pulau Panjang di Jawa TengahGeografiKoordinat6°34′32″S 110°37′43″E / 6.5756°S 110.6286°E / -6.5756; 110.6286Koordinat: 6°34′32″S 110°37′43″E / 6.5756°S 110.6286°E / -6.5756; 110.6286KepulauanJawaLuas0.190 km2PemerintahanNegaraIndonesiaKabupaten JeparaKependudukanPenduduk8 jiwa Pulau Panjang adalah pulau kecil yang berjarak 2.4 km dari Pantai Kartini, Kabupaten Jepara.[1&#...

 

  للشركة التابعة، طالع جيلي للسيارات. جيليZhejiang Geely Holding Group (بالإنجليزية) الشعارمعلومات عامةالشعار النصي Make good cars that are the safest, most environmental friendly and most efficient. Let Geely cars go around the world (بالإنجليزية) البلد  الصين التأسيس 6 نوفمبر 1986 — 2003 النوع  القائمة ... مصنع دراجات نارية — صانع ...

Joseph Plateau Joseph Antoine Ferdinand Plateau (Bruxelles, 14 ottobre 1801 – Gand, 15 settembre 1883) è stato un fisico belga. È noto, in particolare, per l'invenzione, nel 1832[1], di uno strumento ottico, il fenachistoscopio, che permetteva di visualizzare immagini animate:[2][3][4] questa invenzione contribuì allo sviluppo della tecnica cinematografica.[5] Indice 1 Biografia 2 Opere 3 Note 4 Voci correlate 5 Altri progetti 6 Collegamenti estern...

 

American college football season 1895 Penn State footballConferenceIndependentRecord2–2–3Head coachGeorge Hoskins (4th season)CaptainWalter McCaskeyHome stadiumBeaver FieldSeasons← 18941896 → 1895 Eastern college football independents records vte Conf Overall Team W   L   T W   L   T Penn   –   14 – 0 – 0 Yale   –   13 – 0 – 2 Princeton   –   10 – 1 – 1 W...

 

The HonourableSir Frederick WeldGCMG MPSir Frederick Aloysius Weld, tanggal tidak diketahui. Perdana Menteri Selandia Baru ke-6Masa jabatan24 November 1864 – 16 Oktober 1865Penguasa monarkiVictoriaGubernurGeorge GreyPendahuluFrederick WhitakerPenggantiEdward StaffordDaerah pemilihanWairau, CheviotGubernur Australia Barat 8thMasa jabatan1869–1875PendahuluBenjamin PinePenggantiWilliam C. F. RobinsonGubernur Tasmania 4Masa jabatan13 Januari 1875 – 5 April ...

Extinct volcano in Washington (state), United States Gilbert PeakGilbert Peak in background at far leftHighest pointElevation8,184 ft (2,494 m)[1]Prominence3,664 ft (1,117 m)[1]Coordinates46°29′18″N 121°24′25″W / 46.48833°N 121.40694°W / 46.48833; -121.40694[2]GeographyGilbert PeakLocation in WashingtonShow map of Washington (state)Gilbert PeakLocation in the United StatesShow map of the United States Locatio...

 

Expansions of Liverpool boundaries in 1835, 1895, 1902, 1905 and 1913 The history of Liverpool can be traced back to 1190 when the place was known as 'Liuerpul', possibly meaning a pool or creek with muddy water, though other origins of the name have been suggested. The borough was founded by royal charter in 1207 by King John, made up of only seven streets in the shape of the letter 'H'. Liverpool remained a small settlement until its trade with Ireland and coastal parts of England and Wale...

 

يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (ديسمبر 2018) 7° خط عرض 7 شمال خريطة لجميع الإحداثيات من جوجل خريطة لجميع الإحداثيات من بينغ تصدير جميع الإحداثيات من كي...

Fifth season of the American television series Season of television series FargoSeason 5Promotional posterStarring Juno Temple Jennifer Jason Leigh David Rysdahl Joe Keery Lamorne Morris Richa Moorjani Sam Spruell Sienna King Dave Foley Jon Hamm No. of episodes10ReleaseOriginal networkFXOriginal releaseNovember 21, 2023 (2023-11-21) –January 16, 2024 (2024-01-16)Season chronology← PreviousSeason 4List of episodes The fifth season of Fargo, an American anthology dark c...

 

Ted Freeman beralih ke halaman ini. Untuk politikus Ontario, lihat Ted Freeman (politikus). Theodore C. FreemanLahirTheodore Cordy Freeman(1930-02-18)18 Februari 1930Haverford, Pennsylvania, Amerika SerikatMeninggal31 Oktober 1964(1964-10-31) (umur 34)Houston, Texas, Amerika SerikatMakamArlington National CemeteryKebangsaanAmerika SerikatAlmamaterUniversitas Delaware (masuk selama setahun)U.S. Naval Academy,(B.S. 1953)Universitas Michigan,(M.S. 1960)PekerjaanPilot uji coba,insinyur kedir...