A praia de Les Bovetes é unha praia de area situada no concello de Dénia, na provincia de Alacant. Ten o distintivo de bandeira azul.
Limita ao norte co dique de Molins e ao sur co barranco de l'Alter e ten unha lonxitude de 1.733 metros por 80 de largo. Sitúase nunha contorna semiurbana, dispoñendo de acceso dende a rúa. É accesible para discapacitados e ten balizamento.
Véxase tamén
Ligazóns externas