Porto de Tarragona


O porto de Tarragona.

O porto de Tarragona é un dos portos marítimos máis importantes da costa mediterránea, situado na cidade de Tarragona. Gran parte da súa actividade está relacionada co transporte industrial e de mercancías, aínda que é tamén un porto pesqueiro, náutico e de pasaxeiros.

O porto é o destino dun ramal da liña de ferrocarril que percorre o corredor mediterráneo, e constitúe un dos núcleos máis fortes deste eixo económico. É un punto clave para a industria química de Tarragona e o Camp de Tarragona.

Véxase tamén

Ligazóns externas