O porro é un dos variados aires musicais colombianos.
Contexto
Nacido e desenvolvido en Colombia, principalmente na rexión Caribe (departamentos de Córdoba, Sucre, Bolívar, Atlántico e Magdalena), despois foise estendendo a outros lugares. É un ritmo moi alegre e de festa, axeitado para o baile en parellas. Execútase en compás de 2/4 -o mesmo que o do pasodobre e o tango-, mais tamén hai defensores de que o seu verdadeiro compás é o 4/4 -o mesmo da samba-. Ambos se tocan no que se chama “compás partido”, que para algúns é o mesmo 2/4.
Época de ouro
O porro, na súa variante orquestrada, alcanzou unha ampla difusión nacional e internacional nas décadas dos 60 e 70, a cal estivo a cargo de recoñecidas agrupacións como Lucho Bermúdez, Pacho Galán, Juan Piña, Billos Caracas Boys, La Sonora Cordobesa, Pedro Laza y sus Pelayeros, entre outras.
Nesa época o porro entrou nas máis luxosas salas de baile dos clubs de toda Colombia e de varios países.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ritmos e xéneros músicais latinoamericanos e caribeños en xeral |
---|
Xéneros | | |
---|
Raíces da Salsa | |
---|
Instrumentos musicais | |
---|
Intérpretes e compositores | |
---|