Poppa de Bayeux foi a frilla (esposa ao xeito danés/normando) [1] do jarl dos normandos Rollon e da nai do duque de Normandía Guillerme Longa Espada.
Traxectoria
As súas orixes seguen escuras. Os historiadores apuntan dúas hipóteses:
Nos dous casos, a ascendencia de Poppa é prestixiosa: Berengario II de Neustria foi un dos dous marqueses de Neustria, o encargado de defender a rexión fronte aos normandos, mentres que Guido de Senlis descende pola liña feminina de Eberardo de Friúl.
Outra hipótese, menos prestixiosa, pero polo menos igual de críbel, apuntada polo historiador e especialista Jean Renaud, fai de Poppa unha concubina de Hrólf, unha pastora vida das Illas Hébridas.
Desta unión naceron polo menos dous nenos: unha rapaza chamada Gerloc (bautizada co nome de "Adela" e coñecida como Adela de Normandía, que faleceu no 962) e Guillerme Longa Espada. Este último naceu en ultramar mentres o seu pai Rollon seguía sendo pagán. Podería deducirse que este nacemento foi anterior ao Tratado de Saint-Clair-sur-Epte en 911, data da conversión e instalación definitiva de Rollon en Normandía. Para o historiador Pierre Bauduin, a unión entre Poppa e o líder normando testemuña un vínculo temperán entre este último e a aristocracia franca e permite contemplar baixo unha nova luz o acordo de 911: o rei Carlos o Simple trataba cunha persoa xa parcialmente integrada no reino carolinxio.
Unha estatua de Poppa foi erixida na parte superior dunha fonte na Place de Gaulle en Bayeux.
Notas
- ↑ O matrimonio "more danico" ("á danesa") ou "danesche manere" en normando, designa o modo de polixínia practicado polos víkingos implantados en Normandia despois do tratado de Saint-Clair-sur-Epte.
- ↑ Chamado máis tarde Rollon, duque de Normandía.
Véxase tamén
Bibliografía
- Katharine S. B. Keats-Rohan, « Poppa de Bayeux et sa famille », en Onomastique et Parenté dans l'Occident médiéval, Oxford, Prosopographica et genealogica, 2000 (ISBN 1-900934-01-9), pp. 140–153
- Pierre Bauduin, « Des raids scandinaves à l’établissement de la principauté de Rouen » en Elisabeth Deniaux, Claude Lorren, Pierre Bauduin e Thomas Jarry, La Normandie avant les Normands, de la conquête romaine à l’arrivée des Vikings, Edicions Ouest-France Université, Rennes, 2002, ISBN 2-7373-1117-9.
- Rollon, chef viking, por Jean Renaud e Sigrid Renaud|, Éditions Ouest-France Université, 2006, ISBN 978-2-7373-3592-1