O Popol Vuh ou tamén Popol Wuj,[1] é unha narrativa cultural que relata a mitoloxía e a historia dos maiaskʼicheʼ que habitaron e aínda habitan nas terras altas de Guatemala. Popol Vuh é unha narrativa precolombiana do período post-clásico, entre os anos 1000 e 1500, escrita en lingua kʼicheʼ clásica. Porén, o texto escrito, é produto do período colonial español. O título tradúcese como "Libro da Comunidade", "Libro do Consello", ou máis literalmente "Libro do Pobo".[2] O Popol-Vuh conta, do punto de vista dos maias, a orixe do mundo, e particularmente os principios do pobo kʼicheʼ, un dos pobos antigos localizado no centro do actual Guatemala. É notable que este libro sacro ten similitudes coa Biblia.
Notas
↑En kʼicheʼ moderno: Poopol Wuuj, que se le pʰoːpʰol ˈʋuːχ|)
↑According to Allen Christenson, the mat was a common Maya metaphor for kingship (like "throne" in English) and national unity.