O Pony Express foi un servizo de correo que entregaba mensaxes, xornais, e correo. Foi fundado por William H. Russell, Alexander Majors e William B. Waddell, todos notables no negocio de transporte de mercadorías.[1] Comezaba en St. Joseph (Missouri) e chegaba até Sacramento (California). Estivo operativo dende abril de 1860 até novembro de 1861. As mensaxes levábanse a cabalo ó longo de pradeiras, chairas, desertos e montañas. Reduciu o tempo que tardaba o correo en chegar dende o océano Atlántico ó océano Pacífico a dez días.
Ó viaxar por unha ruta lixeiramente máis curta e empeegar xinetes no canto de dilixencias, os fundadores do Pony Express agardaban lograr un servizo máis rápido e seguro e conseguir un contrato exclusivo co goberno.
O Pony Express demostrou que podía facerse un sistema unificado transcontinental e funcionar duranto todo o ano, algo que antes se vía imposible. Dende que foi substituído polo telégrafo e a primeira vía férrea transcontinental, o Pony Express pasou a formar parte da épica do Vello Oeste.