A ponte de Nantón[1]
[2] é unha ponte sobre o río Albariña, na comarca da Barcala. Sitúase a carón da aldea de Nantón (Sanamede do Monte, A Baña).
Historia
Construíuse no século XIV, e ten un arco de medio punto. O material é de calidade e está ben traballado pero foi bastante alterada posteriormente, co que perdeu parte da súa morfoloxía orixinal. A mediados do século XX construíuse a estrada AC-444, pola que discorre o tráfico pesado, polo que a ponte de Nantón só se utiliza para tráfico agrícola e forestal local.
Notas