A Ponte da Torre de Londres (Tower Bridge en inglés) é unha ponte situada na cidade inglesa de Londres, sobre o río Támese. Atópase xunto á Torre de Londres. Está formada por dúas torres, unha pasarela para coches e peóns e unha pasarela superior entre ambas torres. A construción da ponte iniciouse no 1886 e rematou no 1894. Ten unha lonxitude de 286,50 m e unha altura de 43 m. Esta ponte pode ser aberta e cerrada para permitir o paso de barcos de certa altura.
Non debe ser confundido coa Ponte de Londres, outra ponte tamén situada no Támese londiniense.
Galería de imaxes
Véxase tamén