Ponte Carreira é un lugar da parroquia de Gafoi no concello coruñés de Frades, na comarca de Ordes. Segundo o IGE[1], en 2022 tiña 174 habitantes (85 homes e 89 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 2009 cando tiña 201 habitantes. Sitúase xunto a Ponte Carreira (Ledoira, do outro lado do rego do Porto) e A Ponte Carreira (Pastor, O Pino, do outro lado do río Tambre).
Xeografía
Situación
Atópase a 26 km de Santiago de Compostela, a 55 da Coruña e a 18 de Ordes. Sitúase nun lombo do val do río Tambre, a uns 290 m de altitude. Recibe o nome por unha ponte que cruza o río. Os seus habitantes están concentrados arredor da vella estrada N-634 en vivendas dos anos 1960 e 1970 principalmente, cando esta vila tivo o seu maior desenvolvemento debido ao paso da estrada e ao aumento de volume do tráfico rodado.
Demografía
Economía
Na actualidade, a vila actúa como centro da actividade económica e social da poboación do sur do concello de Frades, norte do concello do Pino e leste do concello de Oroso, contando con diversos bares e restaurantes, supermercados, tendas, pequenas industrias, centro de saúde, centro educativo, polideportivo e taxi.
Historia
Desde a metade do século XX, cando Ponte Carreira tivo un desenvolvemento espontáneo, houbo unha importante presión social por trasladar a capital municipal desde Cimadevila, a actual capital, -onde só hai un grupo de vivendas, a casa do concello, un bar e un tanatorio- ao lugar de Ponte Carreira (caso similar ao ocorrido no concello veciño de Oroso co núcleo de Sigüeiro).
O desenvolvemento da vila viuse truncado na década de 1990, cando a N-634 foi desviada do centro da vila, decaendo a prosperidade do lugar.
Galería de imaxes
-
Ponte Carreira.
-
Ponte Carreira.
-
Casa en Ponte Carreira.
Lugares e parroquias
Lugares de Gafoi
Parroquias de Frades
Notas