Poligal (Polipropileno de Galicia SA) é unha empresa galega fundada no polígono da Gándara, Narón (A Coruña) adicada á fabricación de película de polipropileno. Ten delegacións comerciais en Barcelona e Sevilla. E no estranxeiro en Alemaña, Francia, México e Portugal.
Historia
Poligal (Narón) e Polipropigal (Portugal) son empresas do Grup Peralada. Poligal foi fundada en Narón en 1991. Dende 2017 ten fábrica en Polonia. O grupo Peralada é unha empresa familiar catalá e ten a súa orixe en 1904 coa marca Hispano Suiza adícase a diversos sectores como o lecer, o viño, a cultura e a industria[1].
Poligal fabrica plástico empregado en envoltorios en todo tipo de produtos comerciais ou sector alimentario.
Poligal ten dúas liñas de produción cunha capacidate total de fabricación de 22.000 toneladas/ano das cales 6.500 toneladas son metalizadas en Narón.
A empresa pechou o exercicio de 2011 cunhas perdas de 8 millóns de euros[2].
Produtos
Película de polipropileno biorientado (BOPP)
- Metalizado
- Transparente
- Pigmentado
- Mate
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas