Azerbaidján é unha repúblicapresidencialista. A dirección de Estado e a dirección de Goberno son separadas do lexislativo. O presidente da república é elixido polo pobo para un mandato de cinco anos. Hai sufraxio universal para maiores de 18 anos.
Poderes
Os tres poderes do goberno de Azerbaidján son:
Poder Executivo: composto polo Presidente da República, o seu Gabinete, un primeiro ministro e o gabinete de ministros. O presidente actual é Ilham Aliyev.
Poder Lexislativo: componse dun Parlamento (Milli Majlis) con 125 membros, elixidos por un período de cinco anos por distritos electorais.
Poder Xudicial: encabezado por unha Corte Constitucional, a cal é só nominalmente independente.