Os tupís[1][2] foron un dos máis importantes pobos indíxenas do Brasil. O sentido xenérico do termo remite ós indíxenas que habitaban na costa brasileira no século XVI e que falaban a lingua tupí antiga. O sentido específico do termo remite ós indíxenas que habitaban na rexión da actual cidade de São Vicente, na mesma época.[3] Os estudosos cren que primeiro estaban asentados na selva amazónica, pero o -900 comezaron a espallarse cara ao sur e a ocupar gradualmente a costa atlántica.[4]
Orixe
Estudos demostran que os tupís terían habitado orixinalmente os vales dos ríos Madeira e Xingu, que son afluentes da beira meridional do río Amazonas.[5] Estas tribos, que sempre foran nómades, terían iniciado unha migración en dirección á foz do río Amazonas e, dende alí, polo litoral e cara ó sur. Suponse que esta migración, que tamén se produciu no interior do continente no sentido norte-sur, tería comezado a comezos da era cristá.[5]
Algúns autores sospeitan que, nesta traxectoria, os tupís se enfrontaron ós tupinambas, que xa habitaban o litoral; outros sustentan que só se trataba de levas sucesivas do mesmo pobo, os posteriores encontrando os anteriores xa estabelecidos. Certo é que, nese processo, as tribos tupís derrotaron as tribos tapuias que xa habitaban o litoral brasileiro, expulsándoas, entón, para o interior do continente, por volta do ano 1000.[5]