Pobo zo'é

Pobo zo'é
Albert April no Amazonas cunha familia Zo'é.
Poboación
Poboación total:
256 (no ano 2010)[1]
Rexións principais:
BrasilPará
Aspectos culturais
LinguaLingua zo'é[2]
Relixióncrenzas tradicionais
Grupos
relacionados
Pobo wayampi

O pobo zo'é é un pobo indíxena americano orixinario do estado brasileiro de Pará, municipio de Óbidos, xunto ó río Cuminapanema.[3] Pertence ó grupo de pobos tupí–guaranís.[4][5]

Nomes

Tamén son coñecidos cos nomes poturu, poturujara ou buré. O termo "zo'é" quere dicir "nós", en oposición a non indios ou inimigos. O termo "poturu" fai referencia ó tipo de madeira empregada para facer as perforacións embe'po que levan na cara.[1]

No cinema

O filme The Salt of the Earth, que documenta a obra do fotógrafo Sebastião Salgado, inclúe as súas fotografías cos zo'é.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Zo'é." Instituto Socioambiental: Povos Indígenas no Brasil. Consultado o 4 de abril de 2012
  2. "Zo’é." Ethnologue. Consultado o 4 de abril de 2012.
  3. "Zo'é". ethnologue.com. Consultado o 2007-10-18. 
  4. "The case of the Zo'é". Indigenous Peoples in Brazil. Instituto Socioambiental. Arquivado dende o orixinal o 2007-10-15. Consultado o 18 de outubro de 2007. 
  5. "Jipohan is someone like yourself". socioambiental.org. Arquivado dende o orixinal o 2007-07-05. Consultado o 2007-10-18. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carelli, Vincent, and Dominique T. Gallois. Meeting ancestors The Zo'e. [Brasil]: Centro de Trabalho Indigenista, 1993.