Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Mende.
Os susu son un pobo mandé de África Occidental que vive principalmente en Guinea e no noroeste de Serra Leoa, particularmente no distrito de Kambia.[3][4] Un grupo moi influente en Guinea, existen pequenas comunidades de susu nos estados veciños de Guinea-Bissau e o Senegal.
Os susu son unha sociedade patrilineal, predominante musulmá, que favorece os matrimonios endóxenos entre curmás con fogares polixínicos comúns.[3] Teñen un sistema de castes como tódolos pobos de fala mandinga de África Occidental, onde os artesáns como os ferreiros, os carpinteiros, os músicos, os xoieiros e encoiradores son castes separados que se cre que descenden da escravitude da época medieval.[3][5]
Notas