Os romaneses[16] (en romanés: români) son un grupo étnico que habita principalmente en Romanía que comparte unha cultura, uns devanceiros e unha lingua común, a lingua romanesa. Autores importantes consideran que os moldovos tamén son romaneses, o cal os convertería en predominantes tamén en Moldova.[17][18] Os romaneses forman minorías étnicas en diversos países veciños.
Os romaneses son unha nación no sentido de ethnos (en romanés, neam); é dicir, a nación defínese máis polo sentido de pertenza a unha cultura romanesa común, a un mesmo grupo humano e a unha comunidade que fala romanés como lingua materna que non pola cidadanía ou polo feito de vivir nun país en concreto. A lei de cidadanía romanesa,[19] promulgada en marzo do ano 1991, estabelece que a segunda e a terceira xeración que descende de romaneses teñen dereito a obter a cidadanía romanesa se falan un romanés fluído e demostran un coñecemento suficiente da historia e a cultura romanesas. Arredor do mundo, uns vinte e catro millóns de persoas teñen o romanés como lingua nai.[20]
Notas
↑Ethnologue (ed.). "Romanian". Consultado o 13 de novembro de 2014.
↑"Union Latine". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 13 de novembro de 2014.
↑A palabra moldovo indica nacionalidade, pero de feito os moldovos son etnicamente romaneses: David Levinson, Ethnic Groups Worldwide: A Ready Reference Handbook By, 1998, Greenwood Publishing Group.
↑De acordo co censo do ano 1989, a poboación total de Moldova era de 4.335.400 persoas. A nacionalidade máis importante da república, as persoas etnicamente romanesas, eran 2.795.000 persoas, un 64,5 por cento da poboación: «Porén, iso só é unha interpretación dos resultados do censo. O debate sobre a etnicidade dos moldovos e os romaneses é delicada.»
Identitat nacional de MoldàviaArquivado 13 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés), p. 108 e seguintes) Fonte: Biblioteca do Congreso dos EUA.