Os mohave[3] (en mohave: Aha Makhav) son un pobo de nativos americanos de Arizona que habitan a carón do río Colorado e o deserto de Mohave. Están divididos en dúas reservas, a reserva india Fort Mojave, que inclúe territorio entre os estados de California, Arizona e Nevada, e a das Tribos indias do río Colorado, que tamén conta con membros dos pobos chemehuevi, hopi e navagho.
As reservas orixinais do río Colorado e de Fort Mojave foron estabelecidas en 1865 e 1870, respectivamente.
Lingua
A lingua mohave pertence á póla do río da familia das linguas yuma. En 1994, arredor de 75 persoas das reservas falaban a lingua, de acordo coa lingüista Leanne Hinton. A tribo ten publicado materiais escritos, e existen renovados esforzos por ensinar a lingua ós nenos.[1]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Devereux, George. 1939. "Mohave Culture and Personality". Character and Personality 8:91-109, 1939.
- Devereux, George. 1938. "L'envoûtement chez les Indiens Mohave. Journal de la Société des Americanistes de Paris 29:405-412.