Os mixtecos[3] (Ñuù savi) son un pobo indíxena que habita en México, na rexión coñecida como La Mixteca, en Oaxaca e Puebla así como na rexión montañosa de Guerrero. Os pobos mixtecos están divididos en tres grupos: os mixtecos altos pertencen á clase alta e son polo xeral ricos, os mixtecos baixos son polo xeral pobres, e os mixtecos da costa que viven na costa do pacífico de Oaxaca e Guerrero. A lingua mixteca forma unha póla principal da familia de linguas otomangueanas.
Nos tempos precolombianos, as cidades estado mixtecas competían entre elas e cos reinos zapotecos. A principal cidade mixteca foi Tututepec que conseguiu máis prominencia no século XI baixo o liderado de Oito Veado Gadoupa de Xaguar, o único rei mixteca que uniu as cidades das terras altas e baixas nun único estado. Ó igual que o resto de pobos indíxenas de México, os mixtecas foron conquistados polos invasores españois no século XVI. O número de mixtecas antes da conquista roldaba os 1,5 millóns.[4] Hoxe en día, o seu número é duns 800 000 en México, e tamén hai poboacións importantes nos Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Kevin Terraciano (2004). The Mixtecs of Colonial Oaxaca: Nudzahui History, Sixteenth Through Eighteenth Centuries. Stanford University Press. ISBN 978-0804751049.