Os missouria ou missouri (na súa propia lingua niúachi ou niutachi) son un pobo indíxena orixinario da rexión dos Grandes Lagos antes do contacto cos europeos.[2] A tribo pertence á póla chiwere das linguas síux xunto cos pobos iowa e otoe.
Historicamente, a tribo vivía en grupos preto da boca do Gran Río e a súa confluencia co río Missouri. Dende a deportación masiva dos indios, viven principalmente en Oklahoma. Están recoñecidos federalmente como a Tribo de Indios Otoe-Missouria, con base en Red Rock, Oklahoma.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos