Os ambundu, tamén coñecidos como o mbundu do norte, son un grupo étnico bantú que vive no noroeste de Angola, ó norte do río Kwanza. Os ambundu falan a lingua kimbundu, e tamén a lingua oficial do país, o portugués. Son o segundo maior grupo étnico do país.[1]
Os ambundu viven na rexión que se atopa ó leste da capital de Angola, Luanda. Son maioría nas provincias de Bengo e Malanje e en partes das provincias veciñas Cuanza Norte e Cuanza Sul. O xefe do principal reino Mbundu tiña o título de Ngola, que é a orixe do nome do país, Angola.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- David Birmingham Trade and Conflict in Angola: The Mbundu and Their Neighbours under the Influence of the Portuguese, 1483-1790, Oxford: Clarendon, 1966
- Joseph Miller Kings and Kinsmen: Early Mbundu states in Angola, Oxford: Clarendon, 1976
- Jan Vansina Kingdoms of Savanna: A History of the Central African States until European Occupation, Madison, 1966.