Os abnakis[2] (tamén coñecidos como abenaki, abinaki ou alnôbak) son un pobo indíxena de América do Norte. Son un dos pobos de fala algonquina que habitan no Quebec e en Novo Brunswick no Canadá, e na rexión de Nova Inglaterra nos Estados Unidos, unha rexión chamada por eles como Wabanahkik ("Terra do Amencer") en lingua abnaki. Os abnakis son un dos cinco membros da Confederación Wabanaki.
Os "abnakis" son un grupo lingüístico e xeográfico, mais historicamente non tivo unha autoridade central do pobo. Existían numerosas e pequenas bandas e tribos que compartían moitos trazos culturais.[3] Uníronse como comunidade despois do contacto cos europeos, xa que as tribos orixinais foron dezmadas pola colonización, as doenzas e a guerra.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Dr. Gordon M. Day's two-volume Western Abenaki Dictionary (agosto de 1994), Paperback: 616 pages, Publisher: Canadian Museum Of Civilization
- Chief Henry Lorne Masta's Abenaki Legends, Grammar, and Place Names (1932), Odanak, Quebec, reprinted in 2008 by Global Language Press
- Joseph Aubery's Father Aubery's French-Abenaki Dictionary (1700), translated into English-Abenaki by Stephen Laurent, and published in hardcover (525 pp.) by Chisholm Bros. Publishing.