A especie foi descrita en 1964 polo ictiólogoestadounidenseTheodore Gill, baixo o nome de Euchalarodus putnami.[1] O xénero Euchalarodus (hoxe obsoleto), e a especie E. putnami, foron descritos por Gill nese ano nun traballo publicado nas páxinas 216-221 da revista Proc. Acad. nat. Sci. Philad.[5]
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, e polo orixinario que lle deu Gill, a especie coñécese tamén polos seguintes sinónimos:[1]
Limanda putnami (Gill, 1864)
Liopsetta putnami (Gill, 1864)
Algunhas autoridades consideran como válido o nome Liopsetta putnami, como a Animal Diversity Web,[6], ou Evseenko,[7] e este nome é o que recollen tamén Lahuerta e Vázquez no seu Vocabulario Multilingüe.[3] pero a maioría dos autores considersan como o actualmente válido o nome Pleuronectes putnami.[1][4][8]
A solla lisa é un peixe plano de até os 30 cm de lonxitide,[9] cos dous ollos situados no lado dereito do corpo. A coloración do lado superior, incluíndo as aletas, varía da gris escuro á parda ou case negra, e pode ser uniforme ou salferida con manchas máis escuras da mesma cor; o lado inferior é branco. As escamas das femias son lisas en ambos os lados do corpo, mentres que as dos machos son ásperas na parte superior.[10]
Bioloxía
Hábitat e distribución
Pleuronectes putnami é un peixe mariño, demersal, que habita en augas costeiras pouco profundas, temperadas, salgadas e salobres, entre os 20 e os 30 m de profundidade, en baías protexidas, e estuarios e desembocaduras dos ríos,[11]
↑ 3,03,13,2Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.
↑ 11,011,1Coad, B. W. & J. D. Reist (2004): "Annotated list of the arctic marine fishes of Canada". Can. MS Rep. Fish Aquat. Sci. 2674: iv+112 p.
Véxase tamén
Bibliografía
Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull.96 (4): 686-726.
Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.