Planta de reciclaxe de Servia

Planta de reciclaxe Servia.

A planta de reciclaxe de Servia[1] dá servizo aos concellos da Mancomunidade de concellos da Serra do Barbanza: Carnota, Noia, Muros, Porto do Son, Lousame, Brión, Ames, Rois e Pontecesures. Está situada no lugar de Servia, no concello de Lousame.

Características

A planta comezou a funcionar en setembro de 2003. Inicialmente era usada por tres municipios: Lousame, Brión e Porto do Son. É un dos tres sistemas de tratamento de residuos existente en Galiza xunto cos das Encrobas (xestionado por Sogama) e o de Nostián. Dá servizo a 86 500 habitantes e está xestionada pola empresa privada FCC. En 2016 xestionou 32 000 toneladas. Foron tratadas 7840 toneladas de residuos inorgánicos e unhas 4000 de orgánicos.[2]

Está baseada na reciclaxe das envoltas e no tratamento da materia orgánica para a elaboración de compost. A diferenza coa planta de Nostián, onde se realiza unha compostaxe anaerobio, nesta realízase unha compostaxe aerobio.[3]

Empregan catro tipo de colectores de reciclaxe: colector azul para papel e cartón, iglú verde para vidro, colector verde para materia orgánica e outros residuos, e colector amarelo para envases lixeiros.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos