Piñeiro carrasco

Piñeiro carrasco
Estado de conservación

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: Pinus
Especie: P. halepensis
Nome binomial
Pinus halepensis
Mill.
Distribución natural
Distribución natural

Distribución natural
Sinonimia

Véxase no texto

Pinus halepensis

O piñeiro carrasco[1] ou piñeiro de Alepo (Pinus halepensis), é unha especie de árbore da familia das pináceas, xénero Pinus. É típica do mediterráneo, non aparecendo en Galiza.

Vista xeral da árbore
Follaxe

Descrición

Pode acadar os 59 m de altura. O toro é macizo e torto, a casca cinsenta avermellada e a copa irregular. Estróbilos avrroibados de forma oval duns 10 cm de lonxitude. Acículas longas agrupadas de 2 en 2, moi flexíbeis e lixeiramente amarelentas. Piñas miúdas e pedunculadas. É moi resistente á seca e á aridez. Na Península Ibérica áchase na vertente mediterránea, principalmente nos Países Cataláns (Cataluña, Illas Baleares e País Valenciano).

Distribución

Áchase en piñeiriais secos, de tipo mediterráneo, de Europa, Asia occidental e África do norte. Levouse para produción madeireira a outras rexións de África e outros continentes, onde entrou en competencia coa vexetación local. Tamén se utiliza na produción de resina.

Hábitat

Medra, polo xeral, a baixas cotas entre o nivel do mar deica os 200 msnm,aínda que no sur da Península Ibérica pode acadar os 1.000 m.

Propiedades

Contén como principio activo a trementina.[2]

Taxonomía

Pinus halepensis foi descrita por Philip Miller e publicado en The Gardeners Dictionary: . . . eighth edition no. 8. 1768.[3]

Etimoloxía

Pinus: nome xenérico dado en latín aos piñeiros.[4]

halepensis: epíteto xeográfico que alude á súa localización en Alepo.

Citoloxía

Número de cromosomas de Pinus halepensis (Fam. Pinaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=24[5]

Sinonimia
  • Pinus alepensis Poir. in Lamarck 1804[6]
  • Pinus maritima Mill. 1768
  • Pinus sylvestris L. var. maritima Aiton 1789
  • Pinus maritima Aiton 1813 non Mill. 1768
  • Pinus penicillus Lapeyr. 1813
  • Pinus arabica Sieber ex Spreng. 1826
  • Pinus genuensis Cook
  • Pinus halepensis Mill. var. genuensis (Cook) Antoine 1840
  • Pinus hispanica Cook
  • Pinus halepensis Mill. var. minor Antoine 1840
  • Pinus carica D.Don in Fellows 1841
  • Pinus halepensis Mill. var. carica (D.Don) Carr. 1855
  • Pinus abasica Carr. 1855
  • Pinus halepensis Mill. var. abasica (Carr.) Carr. 1867
  • Pinus loiseleuriana Carr. 1855
  • Pinus pityusa [2]Steven, 1838
  • Pinus pseudohalepensis Denhardt ex Carr. 1855
  • Pinus parolinii Vis. 1856
  • Pinus × saportae Rouy 1913
  • Pinus ceciliae Llorens & L. Llorens 1984
  • Pinus halepensis Mill. var. ceciliae (Llorens & L.Llorens) Rosello et al. 1992

Notas

  1. Nome vulgar preferido en galego en Termos Esenciais de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  2. "Piñeiro carrasco". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 12 de abril de 2013. 
  3. "Piñeiro carrasco". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 2 de xaneiro de 2013. 
  4. En Nombres Botánicos
  5. Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955)
  6. [1]

Véxase tamén

Ligazóns externas