Pippi Mediaslongas[1] (en sueco: Pippi Långstrump) é un personaxe de ficción literaria creado pola escritora suecaAstrid Lindgren. Está dotada dunha gran forza e deixa ver o amor da autora polos animais. Posúe un cabalo a lunares e mais un mono chamado SeñorNilsson. É orfa de nai e o pai é pirata e rei dos habitantes dunha illa dos mares do sur.