Pinga respiratoria

Algunhas enfermidades infecciosas poden transmitirse a través de pinguiñas de Flügge expulsadas pola boca e o nariz.

Unha pinga respiratoria ou pinga de Flügge é unha partícula formada principalmente por auga que sae do nariz ou a boca, xeralmente definida como dun diámetro maior de 5 microns (μm), que é suficientemente grande como para caer ao chan rapidamente despois de ser emitida e pode lanzarse a uns poucos metros de distancia. Denomínanse pingas de Flügge porque a súa existencia e importancia foi demostrada na década de 1890 polo bacteriólogo e hixienista alemán Carl Flügge. As pingas respiratorias poden producirse de forma natural ao tusir, espirrar, falar, respirar ou vomitar, ou poden xerarse artificialmente durante certos procedementos médicos que xeran aerosois, chorros de cisternas ou outras actividades domésticas. En realidade, o tamaño das pingas así xeradas vai de < 5 µm a 1000 µm, e aínda que adoita distinguirse entre as pingas de Flügge grandes e as pequenas, denominadas aerosois, que poden permanecer suspendidas no aire moito tempo, o límite de tamaño entre ambas é arbitrario e non está apoiado de maneira experimental ou teórica.[1]

As pingas respiratorias grandes caen rapidamente ao chan, pero poden caer sobre superficies que unha persoa toca, e a continuación a persoa toca a súa cara. Deste modo, poden ser un vector de enfermidades infecciosas transmitidas polo aire, cando transportan virus ou bacterias. Poden transmitir doenzas como o sarampelo, a roséola, a varicela, a parotidite, a gripe, a COVID-19 ou a tuberculose, entre outras.

Formación e transporte

As pingas respiratorias ou de Flügge son resultado do fraccionamento ou atomización da saliva e a mucosidade na cavidade oral debido ao cizallamento causado pola respiración e pódense producir de moitas maneiras. Poden producirse naturalmente como resultado de respirar ou falar, pero o máis común é por medio de espirros, tosee ou mesmo cantar. Tamén se poden xerar artificialmente en centros de atención médica en procedementos que xeran aerosois, como intubación, reanimación cardiopulmonar (RCP), broncoscopia, cirurxía e autopsias.[2] Pódense formar pinguiñas similares nos vómitos, chorros de inodoros, limpeza de superficies húmidas, ducharse, usar auga da billa ou regar salferindo augas grises con fins agrícolas.[3]

Dependendo do método de formación, tamén poden conter sales, células e partículas virais.[2] No caso das pingas producidas naturalmente, pódense orixinar en diferentes lugares do tracto respiratorio, o que pode afectar ao seu contido.[3] Tamén pode haber diferenzas entre individuos sans e doentes en canto ao seu contido de moco, cantidade e viscosidade, que poden afectar a formación de pingas.[4]

Os diferentes métodos de formación crean pingas de diferente tamaño e velocidade inicial, que afectan o seu transporte e destino no aire. Se se inhalan, as partículas de máis de 10 μm tenden a quedar atrapadas no nariz e a garganta en lugar de penetrar no sistema respiratorio inferior.[4] Se non se inhalan inmediatamente, as gotas de menos de 100 μm tenden a secarse por completo antes de depositarse nunha superficie.[2][3] Unha vez secas, convértense en núcleos de pingas sólidos que constan da materia non volátil que estaba inicialmente na pinga. As pingas de Flügge tamén poden interaccionar con outras partículas de orixe non biolóxica no aire, que son máis numerosas ca elas.[3]

O límite nítido tradicional de 5 μm entre as pingas respiratorias e os aerosois transmitidos máis libremente polo aire foi criticado como unha falsa dicotomía sen suficiente fundamento científico, xa que as partículas exhaladas orixinan unha serie continua de tamaños, cuxo destino dependerá das condicións ambientais ademais de dos seus tamaños iniciais. De todos os xeitos, esta distinción utilizouse durante décadas nos hospitais á hora de tomar precaucións contra a transmisión de doenzas respiratorias.[5]

Papel na transmisión de enfermidades

Unha forma común de transmisión de enfermidades é por medio de pingas respiratorias xeradas ao tusir, espirrar ou falar. É a forma habitual de transmisión das infeccións respiratorias. A transmisión pode ocorrer cando as pingas respiratorias chegan a superficies mucosas susceptibles, como os ollos, nariz ou boca. Isto pode tamén ocorrer indirectamente por contacto con superficies contaminadas se posteriormente as mans tocan a face. As pingas respiratorias son relativamente grandes, non quedan suspendidas no aire longo tempo e poden ser dispersadas a curtas distancias (como media un par de metros).[6]

Entre os virus que se espallan por medio de transmisión por estas pingas están o virus da gripe, os rinovirus, o virus respiratorio sincicial, os enterovirus e os norovirus;[7] o virus do sarampelo (Morbillivirus);[8] e coronavirus como o coronavirus da SARS[7][8] e o SARS-CoV-2 causante da COVID-19.[9] Tamén se poden transmitir desta maneira axentes bacterianos e fúnxicos infecciosos.[3] Ao contrario, hai poucas enfermidades que se poidan transmitir polo aire se non é vehiculados nestas pingas ou se estas pingas se secan.[8]

A temperatura ambiente e a humidade afectan a supervivencia dos bioaerosois porque a medida que as pingas se evaporan e se fan máis pequenas, proporcionan menos protección aos axentes infecciosos que conteñen. En xeral, os virus con envoltura lipídica son máis estables en aire seco, mentres que os que non teñen envoltura son máis estables en aire húmido. Os virus son en xeralmáis estables a temperaturas do aire baixas. A radiación ultravioleta do sol tamén afecta negativamente ao material xenético dos virus, o que favorece a súa inactivación.[4]

Control do perigo sanitario

En centros sanitarios, as precaucións ante as pingas respiratorias inclúen ter o paciente nunha habitación individual, limitar o seu traslado fóra da habitación e usar un equipo de protección individual (EPI).[10][11] As precaucións ante as pingas de Flügge son unha das tres clases de precaucións baseadas na transmisión que se utilizan ademais das precaucións estándar baseadas no tipo de infección que ten cada paciente; as outras dúas son as precaucións de contacto e as precaucións da transmisión aérea.[10] Porén, os prcedementos que xeran aerosois poden producir pingas máis pequenas que viaxan máis lonxe, e así as precaucións tomadas poden ser insuficientes durante algúns procedementos.[12]

En xeral, pode utilizarse unha maior ventilación como medida de control do perigo para que as partículas se dilúan e eliminen. Porén, se o aire non filtrado ou insuficientemente filtrado se expulsa cara a outro lugar, pode orixinar un espallamento da infección.[4]

As máscaras cirúrxicas poden utilizarse para impedir a tansmisión de pingas, tanto en pacientes infectados[10][11] coma no persoal sanitario.[10][13] SInalouse que durante o gromo de SARS de 2002–2004, o uso de máscaras crúrxicas e respiradores N95 axudou a diminuír as infeccións entre os traballadores sanitarios.[12] Aínda que as máscaras cirúrxicas crean unha barreira física entre a boca e nariz do que a usa e os contaminantes potenciais como salpicaduras e pingas respiratorias, non están deseñadas para filtrar ou bloquear partículas moi pequenas como as que transmiten enfermidades trasnmitidas polo aire debido ao seu axuste pouco estreito entre a máscara e a face.[14]

Historia

O bacteriólogo alemán Carl Flügge en 1899 foi o primeiro en demostrar que os organismos contidos nas pingas expulsadas do tracto respiratorio eran o medio de transmisión de moitas doenzas. A inicios do século XX, empezouse a utilizar o termo pingas de Flügge para denominar estas partículas que son grandes dabondo como para non secarse completamente de forma rápida, e son especialmente duradeiras as de máis de 100 μm de diámetro.[15]

O concepto de Flügge das pingas como fonte primaria e vector para a transmisión de doenzas respiratorias prevaleceu ata a década de 1930 ata que William F. Wells distinguiu entre as pingas grandes e as pequenas.[16][17] Este investigador desenvolveu a curva de Wells, que describe como o tamaño das pingas respiratorias inflúe no destino que van ter e na súa capacidade de transmitir a enfermidade.[18]

Notas

  1. Wilson, Nick; Corbett, Stephen; Tovey, Euan (2020). "Airborne transmission of Covid-19". BMJ: m3206. ISSN 1756-1833. doi:10.1136/bmj.m3206. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Atkinson, James.; World Health Organization. (2009). World Health Organization, ed. Natural ventilation for infection control in health-care settings. ISBN 92-4-154785-5. OCLC 568015552. Consultado o 2020-04-04. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Morawska, L. (2006-10). "Droplet fate in indoor environments, or can we prevent the spread of infection?". Indoor Air 16 (5): 335–347. ISSN 0905-6947. PMID 16948710. doi:10.1111/j.1600-0668.2006.00432.x. Consultado o 2020-04-04. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gralton, Jan; Tovey, Euan; McLaws, Mary-Louise; Rawlinson, William D. (2011-01). "The role of particle size in aerosolised pathogen transmission: a review". The Journal of Infection 62 (1): 1–13. ISSN 1532-2742. PMC 7112663. PMID 21094184. doi:10.1016/j.jinf.2010.11.010. Consultado o 2020-04-04. 
  5. Environmental Health Matters Initiative; National Academies of Sciences, Engineering, and Medicine (2020-10-22). Shelton-Davenport, Marilee; Pavlin, Julie; Saunders, Jennifer; Staudt, Amanda, eds. Airborne Transmission of SARS-CoV-2: Proceedings of a Workshopâ€"in Brief. Washington, D.C.: National Academies Press. ISBN 978-0-309-68408-8. doi:10.17226/25958. 
  6. "Clinical Educators Guide for the prevention and control of infection in healthcare" (PDF). Australian National Health and Medical Research Council. 2010. p. 3. Arquivado dende o orixinal o 2015-04-05. Consultado o 2015-09-12. 
  7. 7,0 7,1 La Rosa, Giuseppina; Fratini, Marta; Della Libera, Simonetta; Iaconelli, Marcello; Muscillo, Michele (2013-06-01). "Viral infections acquired indoors through airborne, droplet or contact transmission". Annali dell'Istituto Superiore di Sanità 49 (2): 124–132. ISSN 0021-2571. PMID 23771256. doi:10.4415/ANN_13_02_03. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "FAQ: Methods of Disease Transmission". Mount Sinai Hospital (Toronto). Consultado o 2020-03-31. 
  9. "Pass the message: Five steps to kicking out coronavirus". World Health Organization (en inglés). 2020-02-23. Consultado o 2020-03-24. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 "Transmission-Based Precautions". U.S. Centers for Disease Control and Prevention (en inglés). 2016-01-07. Consultado o 2020-03-31. 
  11. 11,0 11,1 "Prevention of hospital-acquired infections" (PDF). World Health Organization (WHO). p. 45. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 March 2020. 
  12. 12,0 12,1 Gamage, B; Moore, D; Copes, R; Yassi, A; Bryce, E (2005-03-01). "Protecting health care workers from SARS and other respiratory pathogens: A review of the infection control literature". American Journal of Infection Control (en inglés) 33 (2): 114–121. PMID 15761412. doi:10.1016/j.ajic.2004.12.002. 
  13. "Clinical Educators Guide: Australian Guidelines for the Prevention and Control of Infection in Healthcare". Australian National Health and Medical Research Council. December 2019. p. 20. Consultado o 2020-03-30. 
  14. "N95 Respirators and Surgical Masks (Face Masks)". U.S. Food and Drug Administration (en inglés). 2020-03-11. Consultado o 2020-03-28. 
  15. Hare, R. (1964-03-01). "The transmission of respiratory infections". Proceedings of the Royal Society of Medicine 57 (3): 221–230. ISSN 0035-9157. PMC 1897886. PMID 14130877. doi:10.1177/003591576405700329. 
  16. Wells, W. F. (1934). "On air-borne infection: study II. Droplets and droplet nuclei". American Journal of Epidemiology 20 (3): 611–618. doi:10.1093/oxfordjournals.aje.a118097. 
  17. Bourouiba, Lydia (2020-03-26). "Turbulent Gas Clouds and Respiratory Pathogen Emissions: Potential Implications for Reducing Transmission of COVID-19". JAMA (en inglés). ISSN 0098-7484. PMID 32215590. doi:10.1001/jama.2020.4756. 
  18. World Health Organization; Y. Chartier; C. L Pessoa-Silva (2009). Natural Ventilation for Infection Control in Health-care Settings. World Health Organization. p. 79. ISBN 978-92-4-154785-7. 

Read other articles:

This is the talk page for discussing improvements to the General Electric template. Put new text under old text. Click here to start a new topic. New to Wikipedia? Welcome! Learn to edit; get help. Assume good faith Be polite and avoid personal attacks Be welcoming to newcomers Seek dispute resolution if needed This template does not require a rating on Wikipedia's content assessment scale.It is of interest to multiple WikiProjects. United States United States portalThis template is within t...

 

Pour les articles homonymes, voir Orliac. Dominique Orliac Dominique Orliac en 2009. Fonctions Députée française 20 juin 2007 – 20 juin 2017 (10 ans) Élection 17 juin 2007 Réélection 17 juin 2012 Circonscription 1re du Lot Législature XIIIe et XIVe (Cinquième République) Groupe politique SRC (2007-2012)RRDP (2012-2017) Prédécesseur Michel Roumégoux Successeur Aurélien Pradié Conseillère générale du Lot 1er octobre 2002 – 27 mars 2011(8 ans, 5 mois et 26...

 

Caribbean island, part of the Cayman Islands Cayman BracCayman Brac from space, 3 March 2007Cayman BracShow map of Cayman IslandsCayman BracShow map of CaribbeanGeographyLocationCaribbeanCoordinates19°43′12″N 79°48′00″W / 19.72000°N 79.80000°W / 19.72000; -79.80000ArchipelagoGreater AntillesAdministration United KingdomTerritory Cayman IslandsLargest settlementWest EndDemographicsPopulation1995[1] (2021) Cayman Brac map. Cayman Brac is an ...

Paweł PawlikowskiLahirPaweł Aleksander Pawlikowski15 September 1957 (umur 66)Warsaw, Polandia Paweł Aleksander Pawlikowski (pengucapan bahasa Polandia: [ˈpavɛw alɛˈksandɛr pavliˈkɔfskʲi]; kelahiran 15 September 1957) adalah seorang pembuat film Polandia-Britania, yang tinggal dan bekerja sebagian besar pada masa hidupnya di Britania Raya. Ia meraih sambutan karena membuat dokumenter pemenang penghargaan pada '90an dan untuk film fiturnya Last Resort dan My Summer of Love...

 

English music producer (born 1942) Not to be confused with British actress Glynis Johns. Glyn JohnsJohns, 1979Background informationBirth nameGlyn Thomas JohnsBorn (1942-02-15) 15 February 1942 (age 82)Epsom, Surrey, EnglandGenresRockpopOccupation(s)Producer, engineer, musicianInstrument(s)GuitarYears active1959–presentMusical artist Glyn Thomas Johns (born 15 February 1942) is an English recording engineer and record producer. He has worked with many of the most famous rock recording ...

 

Ini adalah nama Batak Angkola, marganya adalah Siregar. Arifin Mohamed Siregar[1] Duta Besar Indonesia untuk Amerika Serikat ke-13Masa jabatan1 Oktober 1993 – 21 November 1997PresidenSoehartoPendahuluAbdul Rahman RamlyPenggantiDorodjatun Kuntjoro-JaktiMenteri Perdagangan Indonesia ke-22Masa jabatan21 Maret 1988 – 17 Maret 1993PresidenSoehartoPendahuluRachmat SalehPenggantiSatrio Budihardjo JoedonoGubernur Bank Indonesia ke-8Masa jabatan1983–1988Pres...

西維珍尼亞 美國联邦州State of West Virginia 州旗州徽綽號:豪华之州地图中高亮部分为西維珍尼亞坐标:37°10'N-40°40'N, 77°40'W-82°40'W国家 美國加入聯邦1863年6月20日(第35个加入联邦)首府(最大城市)查爾斯頓政府 • 州长(英语:List of Governors of {{{Name}}}]]) • 副州长(英语:List of lieutenant governors of {{{Name}}}]])吉姆·賈斯蒂斯(R)米奇·卡邁克爾(...

 

Düsseldorf Grand Prix 1973 Sport Tennis Data 9 luglio – 15 luglio Edizione 4ª Superficie Terra rossa Campioni Singolare Hans-Jürgen Pohmann Doppio*Informazione non disponibile 1972 1974 Il Düsseldorf Grand Prix 1973 è stato un torneo di tennis giocato sulla terra rossa. È stata la 4ª edizione del Düsseldorf Grand Prix, che fa parte del Commercial Union Assurance Grand Prix 1973. Si è giocato a Düsseldorf in Germania, dal 9 al 15 luglio 1973. Indice 1 Campioni 1.1 Singolare 1.2 Do...

 

Lega Nazionale A 1966-1967Lega Nazionale A Competizione Lega Nazionale A Sport Calcio Edizione 69ª Organizzatore Lega Nazionale Luogo  Svizzera Partecipanti 14 Risultati Vincitore Basilea(2º titolo) Retrocessioni WinterthurMoutier Statistiche Miglior marcatore Blättler (24) Künzli (24) Incontri disputati 182 Gol segnati 613 (3,37 per incontro) Cronologia della competizione 1965-1966 1967-1968 Manuale L'edizione 1966-1967 della Lega Nazionale A vide la vittoria finale del B...

New Zealand civil servant Mark PrebbleCNZMPrebble in 2009State Services CommissionerIn officeMay 2004 – 30 June 2008Prime MinisterHelen ClarkPreceded byMichael WintringhamSucceeded byIain RennieDeputy Secretary to the TreasurySecretary of the Department of the Prime Minister and CabinetIn office1998–2004Preceded bySimon Murdoch Personal detailsBorn1951 (age 72–73)Auckland, New ZealandRelativesRichard Prebble (brother)Tom Prebble (brother)Antonia Prebble (niece) Mark Pr...

 

Jorge Guagua Informasi pribadiNama lengkap Jorge Daniel Guagua TamayoTanggal lahir 28 September 1981 (umur 42)Tempat lahir Esmeraldas, EkuadorTinggi 1,79 m (5 ft 10+1⁄2 in)Posisi bermain BekInformasi klubKlub saat ini Deportivo QuitoNomor 6Karier junior1998–1999 Naval1999–2000 El NacionalKarier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)2000–2006 El Nacional 193 (13)2006–2007 Colón 18 (0)2007 Emelec 10 (0)2008 Barcelona SC 27 (2)2009 El Nacional 30 (1)2010–2011 LDU Qui...

 

Kingdom of Quduqian3rd century–?Quduqian in c. 300 ADCommon languagesChamic languages, Bahnaric languagesHistorical eraClassical Antiquity• Established 3rd century• Disestablished ? Preceded by Succeeded by Sa Huỳnh culture Han dynasty Champa Today part ofVietnam Quduqian (Vietnamese: Khuất-đô-can;[1] Chinese: 屈都乾; pinyin: Qūdūqián) was the Chinese designation for an ancient kingdom, chiefdom, or a polity that perhaps located around Binh Din...

Pour les articles homonymes, voir Route 133. Route 133 Chemin des Patriotes Informations Gérée par le MTQ Longueur 132 kilomètres (82 mi)[1] Direction Nord/Sud Ancêtres Route 7 Route 21 Route 47 Localisation Régions Montérégie MRC Brome-Missisquoi, Le Haut-Richelieu, Rouville, La Vallée-du-Richelieu, Pierre-De Saurel Villes Saint-Jean-sur-Richelieu, Mont-Saint-Hilaire, Sorel-Tracy Intersections Extrémité sud I-89 à Saint-Armand Intersections Route 202 à Saint-P...

 

Italian nobleman (1569–1630) The Most ExcellentThe Marquess of BalbasesGEPortrait by Peter Paul Rubens (1627)Governor of the Duchy of MilanIn office1629–1630MonarchPhilip IV of SpainPreceded byGonzalo Fernandez de CórdobaSucceeded byÁlvaro de Bazán Personal detailsBorn1569Genoa, Republic of GenoaDied25 September 1630(1630-09-25) (aged 60–61)Castelnuovo Scrivia, Duchy of MantuaSignatureMilitary serviceAllegiance SpainRankCaptain-GeneralCommandsCaptain-General of the Army of Fland...

 

Military unit of Nazi Germany This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: 4th Panzer Army – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (June 2013) (Learn how and when to remove this message) 4th Panzer Army‹See Tfd›German: 4. PanzerarmeeFall 1943, 4th Panzer Army in Southern UkraineActive15 Feb 1941...

Syrian-American academic (1930–2021) This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these messages) This biographical article is written like a résumé. Please help improve it by revising it to be neutral and encyclopedic. (January 2021) A major contributor to this article appears to have a close connection with its subject. It may require cleanup to comply with Wikipedia's content policies, particularly neut...

 

German football club Football clubSpVgg BayreuthFull nameSpielvereinigung Oberfranken Bayreuth 1921 e.V.Nickname(s)Die Altstädter (the Oldtowners)Founded1921GroundHans-Walter-Wild-StadionCapacity21,500ManagerLukas KlingLeagueRegionalliga Bayern2023–24Regionalliga Bayern, 12th of 18 Home colours Away colours Current season SpVgg Bayreuth is a German football club based in Bayreuth, Bavaria. Apart from coming within two games of earning promotion to the Bundesliga in 1979, the club also reac...

 

Italian composer (1904–1975) Luigi Dallapiccola. Luigi Dallapiccola (3 February 1904 – 19 February 1975) was an Italian composer known for his lyrical twelve-tone compositions.[1] Biography Dallapiccola was born in Pisino d'Istria (at the time part of Austria-Hungary, current Pazin, Croatia), to Italian parents.[2] Unlike many composers born into highly musical environments, his early musical career was irregular at best. Political disputes over his birthplace of Istri...

Mia Love Membro della Camera dei Rappresentanti - Utah, distretto n.4Durata mandato3 gennaio 2015 –3 gennaio 2019 PredecessoreJim Matheson SuccessoreBen McAdams Sindaco di Saratoga Springs, UtahDurata mandato8 gennaio 2010 –8 gennaio 2014 PredecessoreTimothy Parker SuccessoreJim Miller Dati generaliPartito politicoRepubblicano Ludmya Mia Love, nata Bourdeau (New York, 6 dicembre 1975), è una politica statunitense, membro della Camera dei Rappresentanti pe...

 

Province of Bulgaria 41°50′N 25°55′E / 41.833°N 25.917°E / 41.833; 25.917 Province in BulgariaHaskovo Област ХасковоProvinceKovan Kaya Rock FlagLocation of Haskovo in BulgariaCountryBulgariaCapitalHaskovoMunicipalities11Government • GovernorStanislav DechevArea[1] • Total5,533.29 km2 (2,136.42 sq mi)Population (December 2022)[2] • Total207,439 • Density37/km2 (97/sq...