Piers John Sellers, nado en East Sussex (Reino Unido), o 11 de abril de 1955 e finado o 23 de decembro de 2016, foi un astronauta británico-estadounidense que participou nas misións STS-112, STS-121 e STS-132.[1][2]
Traxectoria
Sellers graduouse en ecoloxía pola Universidade de Edimburgo en 1976 e tiña un doutoramento en biometeoroloxía pola Universidade de Leeds en 1981.[1][2]
Foi seleccionada como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando nas misións STS-112, STS-121 e STS-132 e pasando un total de 35,38 días no espazo.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos