Pierriá Henry, nado o 20 de xaneiro de 1993 en South Charleston, Virxinia Occidental, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Cazoo Baskonia da Liga ACB. Mide 1,96 metros de altura, e xoga nas posicións de base e escolta.
Traxectoria profesional
Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2015, Henry uniuse ós Houston Rockets para Liga de Verán da NBA de 2015.[1] O 4 de setembro de 2015, asinou co Vita Tbilisi xeorxiano.[2]
O 17 de xullo de 2019, Henry asinou un contrato dun ano co Saski Baskonia da Liga ACB.[3] O 22 de xullo de 2020, Henry renovou o seu contrato co Baskonia por unha tempada máis.[4]
O 24 de xuño de 2021, Henry asinou un contrato dunha tempada, con opción a unha máis, co Fenerbahçe turco.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas