En física chámaselle permeabilidade magnética á capacidade dunha substancia ou medio para atraer e facer pasar ó seu través campos magnéticos. Así pois, permeabilidade magnética mide a habilidade dun material para soportar a formación dun campo magnético no seu interior. Polo tanto, é o grao de magnetización que un material consegue en resposta dun campo magnético aplicado.
En unidades do SI, a permeabilidade mídese en Henrios por metro (H/m ou H·m−1), ou Newtons por Amperios ó cadrado (N·A−2).
A magnitude así definida, o grao de magnetización dun material en resposta a un campo magnético, é a permeabilidade absoluta e represéntase polo símbolo (letra grega) μ: