Período dos duques

Con Período dos Duques (tamén chamado da anarquía) indícase o decenio de interregno entre o 574 (morte de Cleph) ao 584 (elección de Autari), durante o cal o reino longobardo e Italia non tivo reis, pero foi gobernado de xeito colexial por varios duques longobardos que se estableceran había pouco e independentes un do outro.

Os historiadores non están seguros da razón deste interregno: algúns consideran que os duques só actuaban como titores colectivos do fillo de Cleph, Autari, que, en efecto, subiu finalmente ao trono; outros falan pola contra "señorío colectivo". En todo caso, neste momento da ocupación os duques non eran máis que os xefes das diversas estirpes do pobo longobardo, aínda non asociados de forma estábel ás cidades, e xa que logo só terán actuado en autonomía, tamén porque deberán ceder ás presións dos guerreiros, teoricamente baixo a súa autoridade, para aproveitárense das aínda grandes oportunidades de botín. Esta situación inestábel, prolongada no tempo, levou ao definitivo afundimento do equilibrio político-administrativo romano-itálico, que ata a invasión se mantivera case intacto, tanto que a mesma aristocracia romano-itálica conservara a responsabilidade da administración civil (basta pensar en Casiodoro).

Os duques non se deron organizado de xeito duradeiro. Cando invadiron a Provenza merovinxia, os reis dos francos Gontrán e Khildeberto II botáronse sobre o territorio dos longobardos, tomaron Trento e abriron unha negociación co Emperador de Oriente Tiberio II, titular tamén do Exarcado de Italia. Ao final, cansos das divisións internas, temendo unha reacción máis forte da parte grega polo sur e franca polo leste e necesitando dun liderado necesario para coordinar as diversas forzas militares, no 584 os duques elixiron rei a Autari. A este foille cedida a nova capital, Pavia e a metade das riquezas ducais, se ben é dubidoso que mantivesen esta última promesa. Autari deu consolidado no seu período de goberno o reino longobardo contra os inimigos en todas as frontes.

Historia

Morte de Cleph e disgregación do reino en trinta e cinco ducados (574)

Despois do asasinato de Alboíno, os duques longobardos elixiron como o seu novo rei un nobre longobardo de nome Cleph (572): Este, porén, tras ter matado coa espada ou expulsado de Italia a moitos romanos poderosos, morreu coa espada dun servo do seu séquito despois de apenas un ano e seis meses de reinado (574)[1]. Tras a morte de Cleph, non se elixiu un novo rei por máis ou menos dez anos, e o reino fragmentouse a continuación en trinta e cinco ducados independentes un do outro, cada un gobernado por un duque residente na propia cidade.[2] Paulo Diácono cita os nomes de cinco duques:

Precisa, porén, que, ademais destes, houbo outros trinta duques, cuxos nomes Paulo Diácono evidentemente non coñecía. Os ducados nos que se fragmentou o reino deberon ser, xa que logo, trinta e cinco.

Durante o goberno dos duques o tratamento dos italorromanos foi moi duro, segundo o que afirma Paulo Diácono:

His diebus multi nobilium Romanorum ob cupiditatem interfecti sunt. Reliqui vero per hospites divisi, ut tertiam partem suarum frugum Langobardis persolverent, tributarii efficiuntur. Per hos Langobardorum duces, septimo ano ab adventu Alboin et totius gentis, spoliatis ecclesiis, sacerdotibus interfectis, civitatibus subrutis populisque, qui more segetum excreverant, extinctis, exceptis his regionibus quas Alboin ceperat, Italia ex maxima parte capta et a Langobardis subiugata est.
Nestes días moitos dos nobres romanos foron mortos pola cobiza. Os restantes, divididos entre os seus "hóspedes", convertéronse en tributarios, de xeito que debían pagar a treceira parte dos seus produtos aos longobardos. Por estes duques dos longobardos, no ano sétimo desde a vinda de Alboíno e do seu pobo enteiro, as igrexas foron espoliadas, os sacerdotes asasinados, as cidades arruinadas, os pobos, que medraran co costume da abundancia, e, fóra das rexións que Alboino sometera, a meirande parte de Italia foi invadida e subxugada polos longobardos.
Paulo Diácono, Historia dos Longobardos, II,32.

Os duques longobardos, tras teren asasinado ou expulsado a meirande parte dos latifundistas romanos, tomando posesión dos terreos, permitiron aos superviventes conservar as terras; seguindo as lis da hospitalitas, os latifundistas superviventes debían entregar un terzo das colleitas ás faras longobardas; os longobardos apoderáronse así das posicións chave da sociedade, e ben poucos romanos puideron manter unha posición acomodada.[3]

A contraofensiva bizantina: Baduario (575-576)

Mentres tanto, Tiberio Constantino, rexente do Imperio de Oriente no nome do tolo de Xustino II, comprara unha tregua na fronte persa, non válida porén para Armenia, e isto permitiulle enviar novas tropas a Italia, comandadas polo xenro de Xustino II, Baduario. Baduario debería chegar a Rávena no 575/576, onde semella que edificou unha igrexa, con novas tropas provenientes do Oriente, cuxa forza e composición étnica non refiren as fontes, pero que algúns estudosos conxecturaron que puidesen conter mesmo mercenarios longobardos. Unha pasaxe da Historia Ecclesiastica de Xoán de Éfeso evidencia de feito que 60.000 longobardos combateran no 575 en Siria ao servizo do Imperio,[4] e non hai que excluír que despois seguisen a Baduario a Italia.[5] Ademais é posíbel que en Benevento e en Spoleto estivesen asentados, desde os tempos da guerra gótica (535-553), grupos de longobardos como foederati do Imperio, aos que Baduario podería ter pedido axuda contra os longobardos hostís ao Imperio. Estas son, porén, só conxecturas, polo tanto a única fonte que describe (nunha soa liña) a expedición de Baduario é a Crónica de Xoán Biclarense:

Baduarius gener Iustini principis in Italia a Longobardis proelio vincitur et non multo plus post inibi vitae finem accipit.
Baduario xenro do príncipe Xustino foi vencido en batalla polos longobardos e non moito tempo despois atopou a fin da súa vida.
Xoán Biclarense, Crónica, ano 576.

A formación dos ducados de Spoleto e Benevento e a ameaza dirixida a Roma (576-580)

A derrota de Baduario foi dramática para o Imperio e proveitosa para os longobardos. De feito, tras a batalla, parece que os longobardos ao servizo do Imperio se rebelaron, fundando os ducados de Spoleto e Benevento. Faroaldo, ex foederatus bizantino e primeiro duque de Spoleto, traizoado o Imperio, apoderouse con engano de Classe, o porto de Rávena, despoxándoa de toda a súa riqueza; cando despois Droctulfo, guerreiro longobardo pasado á parte do Imperio, atacou Classe, Faroaldo foi obrigado a abandonala, devolvéndoa ao Imperio e refuxiándose en Spoleto, sede do seu novo ducado.[6] Tamén Zotto, ex foederatus bizantino, se rebelou contra a autoridade imperial, constituíndo un ducado con sede en Benevento que comezou a se expandir polo Samnio a costa do Imperio, ata conquistar en vinte Anos case toda a Italia meridional, agás as zonas costeiras. Ao mesmo tempo, outros duques longobardos se estableceran en Tuscia, en Chiusi e en Lucca, e comezaron a se expandiren na rexión a costa do Imperio.

As fontes da época describen en poucas pero lacónicas palabras a situación dramática na que se atopaba o Imperio. O Liber Pontificalis conta que naqueles anos moitas fortalezas foron forzadas a se erenderen aos longobardos por fame e que a mesma Roma foi asediada por eles no 579.[7] Xoán Biclarense no ano 578 escribiu que "Os romanos sostiñan unha penosa guerra en Italia contra os longobardos", suxerindo unha grave derrota ulterior.[8] Entre tanto os longobardos apoderáronse das fortalezas ao longo da vía Emilia, expandíronse polo Véneto ocupando Altino, Concordia e Mantua, e violentaron aos monxes na Valeria; a expansión en Tuscia dos longobardos obrigou ao bispo de Populonia a fuxir á illa de Elba, mentres o duque beneventano Zotto, ao se apoderar de Aquino, masacrou a poboación, xa decimada polas epidemias, ata o punto de que tras algúns anos a cidade estaba aínda sen bispo.[9] No 579 tamén Roma foi cercada, pero o cerco fracasou.

Pouco tempo antes do cerco da Cidade Eterna, a finais de 578, Tiberio tería recibido no palacio unha embaixada proveniente de Roma e co senador romano Panfronio á fronte: a embaixada, ademais de lle ofrecer un regalo de 3.000 libras de ouro para celebrar a súa ascensión ao trono (que tivera lugar había pouco tempo), solicitou urxentemente ao emperador tropas para enviar a Italia, devastada polos longobardos; o Emperador respondeu ao seu pesar que estaba empeñado na gravosa guerra contra Persia e, xa que logo, estaba imposibilitado de enviar novas tropas, pero en compensación devolveu as 3.000 libras a Panfronio, suxeríndolle que as empregase para corromper os duques longobardos, convencéndoos para poñerse da parte do Imperio en Oriente contra os persas, ou, noutro caso, para convencer aos francos a atacaren os longobardos.[10] Ao ano seguinte o senado romano enviou outra embaixada e desta volta o Emperador resolveu enviar un pequeno exército a Italia.[11] Tal exército resultou, con todo, insuficiente para pechar o avance dos longobardos, que ocuparon entre os anos 578 e 582 Classe, o porto de Rávena, e asediaron Nápoles. O pontífice intentou en 580 dirixirse ao rei dos francos, pero en van.

Aproveitando a desunión dos longobardos, Bizancio deu feito a procurarse o servizo dalgúns duques longobardos, que se puxeron ao servizo do Imperio: o máis famoso foi Droctulfo, que combateu contra a súa mesma xente mantendo por algún tempo Brescello e reconquistando Classe e que despois foi utilizado por Bizancio tamén no Ilírico contra os ávaros.

Fin do período dos duques e consecuencias

Longobardos

No 582 subiu ao trono de Bizancio Mauricio, o cal, non podendo enviar reforzos a Italia posto que estaba inmerso na fronte oriental e na balcánica, intentou usar a diplomacia para vencer os longobardos: en 583 unha embaixada bizantina chegou á corte do rei franco Khildeberto II dándolle 50.000 sólidos de ouro a cambio dunha intervención franca na Italia setentrional; o rei franco invadiu, xa que logo, a Italia setentrional no 584, pero os duques longobardos conseguiron que se retirasen pagándoo con cartos, e foron en van as protestas do Emperador Mauricio, que pretendía que lle fosen devoltos os 50.000 sólidos de ouro.[12]

En calquera caso o perigo corrido a causa da alianza entre Bizancio e os francos, fixo considerar seriamente aos Duques a posibilidade de poñer fin á anarquía: temendo unha reacción máis forte por parte bizantina polo sur e franca polo oeste e necesitando un liderado necesario para coordinar as diversas forzas militares, elixiron nese mesmo ano un novo rei, Autari, fillo de Cleph, ao que lle cederon a nova capital, Pavia, e a metade das riquezas ducais.[13] Grazas ao liderado de Autari, os longobardos deron rexeitado os ataques dos francos e conseguiron salvagardar o seu reino. Semella entre outras cousas que durante o reinado de Autari as violencias contra os romanos, que existiron durante o período dos duques, terminaron, ou polo menos se atenuaron:

Erat hoc mirabile in reino Langobardorum: nulla erat violentia, nullae struebantur insidiae; nemo aliquem iniuste angariabat, nemo spoliabat; non erant furta, non latrocinia; unusquisque quo libebat securus sine timore pergebat
Isto era admirábel no reino dos longobardos: non había violencia, non se tramaban insidias; ninguén oprimía aos outros inxustamente, ninguén saqueaba; non había furtos, non había latrocinios; cada un ía a onde quería, seguro e sen temor

Bizancio

Italia no 580, subdividida en eparquías, segundo Xurxo Ciprio. Mapa baseado na reconstrución de PM Conti, non exenta de críticas.

As conquistas dos longobardos durante o período dos duques empuxaran a Bizancio a reorganizar a disposición administrativo-militar da Italia en mans bizantinas. Sobre o 580, segundo a Descriptio orbis romani de Xurxo de Chipre, semella que Tiberio II dividiu en cinco provincias ou eparquías a Italia bizantina:

  • Annonaria, comprendendo as posesións que lle quedaban a Bizancio na Flaminia, a parte oriental da Emilia e Venecia.
  • Calabria, comprendendo as posesións bizantinas na Lucania e na Apulia meridional.
  • Campania, comprendendo as posesións bizantinas na Campania, o Samnio e no norte de Apulia.
  • Emilia, comprendendo as posesións bizantinas na parte central da Emilia, aos que se engaden o extremo sur-oriental da Liguria (con Lodi Vecchio) e o extremo sur-occidental de Venecia (Cremona e zonas limítrofes).
  • Urbicaria, comprendendo as posesións que lle quedaban aos bizantinos na Liguria, Alpes Cotti, Tuscia, Valeria, Piceno, e o extremo norte de Campania.

Tal reforma administrativa de Italia semella motivada pola adaptación da administración de Italia ás necesidades militares do momento, visto que gran parte da Península estaba suxeita ás devastacións dos longobardos e que todos os intentos (incluída e expedición de Baduario) para desaloxalos fallaran; recoñecendo as conquistas efectuadas polos longobardos, foi introducido coa reforma o sistema dos tractus fronteirizos anticipando a reforma do Exarcado, que foi realizada algúns anos despois.[14]

Apenas catro anos despois esta nova disposición foi xa abolida, substituída pola do exarcado, subdividido nos seus varios distritos. A fundación do exarcado remóntase ao ano 584, curiosamente o mesmo da elección de Autari. O termo de exarca foi usado por primeira vez nunha epístola que o papa Paio II lle dirixe ao diácono Gregorio, apocrisiario da igrexa de Roma en Constantinopla, o 4 de outubro de 584. Nela dise que o exarca daquela era Decio[15] o na que se declaraba amargamente que o exarca non podía enviar axuda a Roma porque malamente daba defendido Rávena. O novo exarcado foi repartido en sete distritos, estritamente controlados e gobernados polo exarca de Rávena:

  • O Exarcado propiamente dito.
  • A Pentápole.
  • Roma.
  • Liguria.
  • Venecia.
  • Istria.
  • O ducado de Nápoles (comprendendo o Bruzio, a Lucania e a Apulia).

A poboación local viuse obrigada a contribuír á defensa do territorio, axudándolle así aos soldados profesionais. Formábase deste xeito unha eficiente máquina defensiva dos territorios que quedaban, principalmente situados nas costas, onde máis se podían facer sentir os poderes imperiais e a frota bizantina. Grazas tamén á nova reforma, o exarcado deu resistido os asaltos dos longobardos ata o 751.

Notas

  1. Paulo Diácono, II,31.
  2. Paulo Diácono, II,32.
  3. Jarnut, Storia dei Longobardi, pp. 47-48.
  4. Xoán de Éfeso, Historia Ecclesiastica, VI,14.
  5. Bavant, Bernard (1979). "Le duché byzantin de Rome. Origine, durée et extension géographique". Mélanges de l'Ecole française de Rome. Moyen-Age, Temps modernes (91-1): 46. Consultado o 29 de agosto de 2012. .
  6. Bavant, Bernard (1979). "Le duché byzantin de Rome. Origine, durée et extension géographique". Mélanges de l'Ecole française de Rome. Moyen-Age, Temps modernes (91-1): 47. Consultado o 29 de agosto de 2012. 
  7. Liber Pontificaîis éd cit. 308. "Eodem tempore gens Langobardorum invaserunt Italiani simulque et famis nimia ut etiam multitude castrorum se tradiderunt Langobardis ut temperare passent inopiae famis"
  8. Xoán Biclarense, s.a. 578.
  9. Ravegnani, pp. 77-78.
  10. Menandro Protector, fragmento 49.
  11. Menandro Protector, fragmento 62.
  12. Jarnut, p. 35.
  13. Jarnut, p. 36.
  14. Bavant, Bernard (1979). "Le duché byzantin de Rome. Origine, durée et extension géographique". Mélanges de l'Ecole française de Rome. Moyen-Age, Temps modernes (91-1): 49–50. Consultado o 29 de agosto de 2012. 
  15. Cf.Bavant, Bernard (1979). "Le duché byzantin de Rome. Origine, durée et extension géographique". Mélanges de l'Ecole française de Rome. Moyen-Age, Temps modernes (91-1): 53–54. Consultado o 29 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Read other articles:

Monumen kisah cinta Ibnu Zaydun dengan Wallada di Kordoba Abu al-Walid Ahmad Ibn Zaydun al-Makhzumi (1003-1071) atau dikenal sebagai Ibn Zaydun (nama lengkap Arab, أبو الوليد أحمد بن زيدون المخزومي ) atau Abenzaidún menurut sumber-sumber Kristen adalah penyair Arab yang terkenal dari Kordoba dan Sevilla . Ia dikenal sebagai penyair neoklasik terbesar di Andalusia . Ibnu Zaydun menghidupkan kembali lirik yang menggebu-gebu dalam bahasa Arab dengan memasukkan nada p...

 

Berkas:S-300PMU-2 missile defence system (2).gif Close up view of SA-N-6 launchers on Marshal Ustinov. S-300 (HongQi 9 HQ-9) launcher China S-300 (pelaporan nama NATO:SA-10 Grumble) adalah serangkaian sistem rudal permukaan-ke-udara rentang panjang awalnya Soviet dan kemudian Rusia yang diproduksi oleh NPO Almaz, semua didasarkan pada awal versi S-300P. S-300 dikembangkan untuk pertahaan terhadap pesawat dan rudal jelajah untuk Angkatan Udara Pertahanan Soviet. Variasi berikutnya dikembangka...

 

Eleve11Album studio karya Sander van DoornDirilis19 September 2011Direkam2010 - 2011GenreProgressive House, Trance, DansaLabelUltra, Spinnin', DOORN RecordsProduserSander van DoornKronologi Sander van Doorn Dusk Till Doorn(2010)Dusk Till Doorn2010 Eleve11(2011) Singel dalam album Eleve11 Love Is Darkness Koko Timezone Who's Is Wearing the CapDirilis: 20 November 2011 Drink to Get Drunk Eleve11 adalah album studio ketiga karya Sander van Doorn. Album tersebut dirilis pada September 2011. D...

PNG international rugby league footballer Marcus BaiPersonal informationBorn (1972-10-11) 11 October 1972 (age 51)Ulamona, West New Britain, Papua New GuineaPlaying informationHeight5 ft 11 in (180 cm)Weight14 st 5 lb (91 kg)PositionWing Club Years Team Pld T G FG P 1997 Hull F.C. 8 2 0 0 8 1997 Gold Coast Chargers 18 5 0 0 20 1998–03 Melbourne Storm 144 70 1 0 282 2004–05 Leeds Rhinos 63 45 0 0 180 2006 Bradford Bulls 26 12 0 0 48 Total 259 134 1 0 538 ...

 

Artikel atau bagian mungkin perlu ditulis ulang agar sesuai dengan standar kualitas Wikipedia. Anda dapat membantu memperbaikinya. Halaman pembicaraan dari artikel ini mungkin berisi beberapa saran. Artikel ini perlu dikembangkan agar dapat memenuhi kriteria sebagai entri Wikipedia.Bantulah untuk mengembangkan artikel ini. Jika tidak dikembangkan, artikel ini akan dihapus. SMP Negeri 4 Tambun SelatanInformasiDidirikan1996; 28 tahun lalu (1996)[1]AkreditasiA[2]Nomor Statis...

 

イスラームにおける結婚(イスラームにおけるけっこん)とは、二者の間で行われる法的な契約である。新郎新婦は自身の自由な意思で結婚に同意する。口頭または紙面での規則に従った拘束的な契約は、イスラームの結婚で不可欠だと考えられており、新郎と新婦の権利と責任の概要を示している[1]。イスラームにおける離婚は様々な形をとることができ、個�...

† Человек прямоходящий Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:ЧелюстноротыеНадкласс:ЧетвероногиеКлада:АмниотыКлада:Синапсиды�...

 

Non-profit organization in the U.S. Damon Runyon Cancer Research FoundationFounded1946; 78 years ago (1946) as Damon Runyon Cancer Memorial FundFounderWalter WinchellFocusWe fund high-risk, high-reward cancer research. We identify and enable young scientists who are brilliant, brave and bold enough to go where others haven't.[1]Location55 Broadway, Suite 302 New York, NY 10006Area served United StatesMethodCancer research[1]Key peopleYung S. Lie, PhD, preside...

 

Pair of simple tubular glands Seminal vesicleCross-section of the lower abdomen in a male, showing parts of the urinary tract and male reproductive system, with the seminal vesicles seen top rightThe seminal vesicles seen near the prostate, viewed from in front and above.DetailsPrecursorWolffian ductSystemMale reproductive systemArteryInferior vesical artery, middle rectal arteryLymphExternal iliac lymph nodes, internal iliac lymph nodesIdentifiersLatinvesiculae seminales, glandulae vesiculos...

Mountain in Colorado, United States Blanca PeakSis Naajinį́ (in Navajo)View of Blanca Peak (left of center) from Mt. LindseyHighest pointElevation14,351 ft (4374 m)[1]NAVD88Prominence5326 ft (1623 m)[1]Isolation103.4 mi (166.4 km)[1]ListingNorth America highest peaks 33rdUS highest major peaks 19thUS most prominent peaks 103rdUS most isolated peaks 49thColorado highest major peaks 4thColorado fourteeners 4thColorado county high points 3rdCoordinates37°34′38�...

 

Airborne early warning and control radar system A-50EI (Il-76) of the Indian Air Force with the EL/W-2090 The IAI EL/W-2090 is an airborne early warning and control (AEW&C) radar system developed by Israel Aerospace Industries (IAI) and Elta Electronics Industries of Israel. Its primary objective is to provide intelligence to maintain air superiority and conduct surveillance. The system is currently in-service with the Indian Air Force.[1] It is a development of the EL/M-2075 syst...

 

Ayam sutraSeekor ayam betina Silkie putihNama lainSilkyNegara asalChinaKarakteristikBeratJantan: 2-3 lbs. Betina: 1.5-2 lbs.Warna kulitHitam atau biruWarna telurKrimComb typeWalnutKlasifikasiAPAAsiatikPCGBSoft Feather: Light[1]AyamGallus gallus domesticus Ayam sutra hitam betina dan anak ayam bukan sutra. Baka ini terkenal dengan sikap suka mengeram dan kemampuan menjaga anak. Ayam sutra atau ayam kapas adalah ras ayam yang dinamakan sesuai bulunya yang halus dan terasa seperti s...

Scotland portal Human settlement in ScotlandCulbokieScottish Gaelic: An Cùil BhàicidhCulbokie area with green pastureCulbokieLocation within the Ross and Cromarty areaArea33 sq mi (85 km2)Population1,179 • Density36/sq mi (14/km2)OS grid referenceNH 6033 5925• Edinburgh122 mi (196 km)• London454 mi (731 km)Community councilBlack Isle (ward)DistrictRoss ShireCouncil areaHighlandLieutenancy areaRoss and Cro...

 

Riafinola Ifani SariLahir11 Agustus 1978 (umur 45)Bukittinggi, Sumatera Barat, IndonesiaKebangsaanIndonesiaNama lainNolaPekerjaanAktrispenyanyiTahun aktif1993—sekarangSuami/istriBaldy Mulya Putra ​(m. 2004)​Anak4, termasuk Naura Ayu dan Neona AyuKarier musikGenrePopR&BDanceInstrumenVokalLabel Nagaswara Warner Music Indonesia Blackboard Indonesia AnggotaBe3 Riafinola Ifani Sari, dikenal dengan mononim Nola (lahir 11 Agustus 1978) adalah seoran...

 

Karta över countyn i delstaten New York. I delstaten New York i USA finns 62 countyn, varav 57 utanför staden New York.[1] County Huvudort (County Seat) Grundat Albany County Albany 1683 Allegany County Belmont 1806 Bronx County New York 1914 Broome County Binghamton 1806 Cattaraugus County Little Valley 1808 Cayuga County Auburn 1799 Chautauqua County Mayville 1808 Chemung County Elmira 1836 Chenango County Norwich 1798 Clinton County Plattsburgh 1788 Columbia County Hudson 1786 Cortland C...

Internationale de l'éducationHistoireFondation 26 janvier 1993Prédécesseurs Secrétariat professionnel international de l'enseignement (en), Confédération mondiale des organisations de la profession enseignante (en), Confédération syndicale mondiale de l'enseignement (en)CadreType Fédération syndicale internationaleDomaine d'activité ÉducationOrganisationSite web www.ei-ie.org/frmodifier - modifier le code - modifier Wikidata L'Internationale de l’éducation (IE) est une organisa...

 

This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (August 2020) (Learn how and when to remove this message) VolleyFounded1939; 85 years ago (1939)HeadquartersAustraliaArea servedWorldwideParentBrand CollectiveWebsitevolley.com.au Volley, formerly known as Dunlop Volley is an Australian brand of athletic shoes manufactured by Brand Collective. F...

 

Zhou Gengsheng周鲠生Lahir(1889-03-18)18 Maret 1889Kabupaten Changsha, Hunan, Tiongkok QingMeninggal20 April 1971(1971-04-20) (umur 82)Beijing, Republik Rakyat TiongkokAlmamaterUniversitas WasedaUniversitas EdinburghUniversitas ParisPekerjaanYuris Dalam nama Tionghoa ini, nama keluarganya adalah Zhou. Zhou Gengsheng (Hanzi: 周鲠生; 18 Maret 1889 – 20 April 1971) adalah seorang yuris, sejarawan dan akademisi Tiongkok. Biografi Lahir di Kabupaten Changsha, Hunan, ...

British punitive expedition in the Middle East Persian Gulf campaign of 1819Part of Piracy in the Persian GulfPlan of the attack of Ras Ul Khyma by the force under Sir Willm. Gr. Keir K.M.T., between 3–9 December 1819Date3 November 1819 — 22 December 1819LocationStrait of Hormuz and Ras Al KhaimahResult British victory Hassan bin Rahma Al Qasimi deposed Sultan bin Saqr al-Qasimi restored as ruler Signing of the General Maritime Treaty of 1820Belligerents United Kingdom East India Company ...

 

Un lame duck (littéralement « canard boiteux ») désigne, dans le monde politique anglo-saxon, un élu dont le mandat arrive à terme mais toujours en poste, alors que son successeur est déjà élu mais n'occupe pas encore le poste. L'élu sortant se retrouve particulièrement affaibli politiquement dans cette situation de transition, bien que disposant toujours théoriquement des mêmes pouvoirs. Il est simultanément davantage libre de ses actions à court termes, telles que l...